Certame

Etiquetas:
26/10/2026

O segundo certame de teatro afeccionado do Concello de Barreiros, organizado pola Área de Dinamización e Participación Veciñal coa colaboración do grupo de teatro local do colectivo cultural Ollomao, seleccionará sete obras que se representarán entre os meses de xaneiro e marzo de 2027.

A mellor obra será galardoada co premio Ollomao de ouro, a segunda co Ollomao de prata e a terceira co Ollomao de bronce. Tamén serán premiados a mellor actriz principal e secundaria, o mellor actor principal e secundario e entregarase o premio especial do público á obra mellor valorada polas persoas que asistan ás funcións.

As bases do certame poden consultarse na web do Concello (www.concellodebarreiros.gal) e as obras poderán presentar a súa solicitude...

leer más
Etiquetas:
07/09/2026

O Concello de Lourenzá publica as bases para participar no VIII Certame de Teatro Afeccionado. As representacións dos grupos que sexan elixidos desenvolveranse durante o mes de novembro no edificio multiusos Ponte de Cuñas.

Nas bases explícase que “o Concello de Lourenzá, consciente do interese que o teatro esperta entre os laurentin@s e ao obxecto de incentivar a participación dos grupos no VIII Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá 2026, establece as bases reguladoras para a participación no mencionado certame e os premios que se outorgarán”.

No documento tamén se indica que “poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas...

leer más
Etiquetas:
01/06/2026

Este venres, 5 de xuño, dá comezo o V Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto, que organiza o Concello de Foz e busca “reivindicar a figura dos creadores, actores e actrices do teatro afeccionado, que en Foz tiveron un nome referente como foi O Poto”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. Continuará os días 6, 7 , 12, 13 e 14 deste mes.

Inés López anuncia que “haberá obras de teatro gratuítas durante os venres, sábados e domingos desta fin de semana e a próxima. Os venres as obras serán na Sala Bahía e os sábados e domingos, na Casa da Cultura. Estamos encantados da alta participación que tivemos no certame, agradecemos enormemente a todas as compañías que se anotaron e esperamos que aqueles que non foran elixidos se volvan anotar, xa que o nivel era moi alto e foi difícil a escolla.”...

leer más
Etiquetas:
21/05/2026

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do CIM, pon en marcha por segundo ano consecutivo o Concurso de Arte Mural pola Diversidade, unha iniciativa que “busca promover os valores da diversidade, igualdade e visibilidade do colectivo LGTBIQ+ a través da creación artística urbana”.

A concelleira Begoña Sanjurjo explica que “o certame está aberto á participación individual ou grupal de persoas naturais ou residentes en Ribadeo, sen límite de idade, co obxectivo tamén de apoiar e dar visibilidade a novos e novas creadoras ribadenses como forma de expresión cultural e artística. As propostas deberán estar inspiradas en Ribadeo e nos valores da diversidade e do orgullo LGTBIQ+, empregando técnicas propias da arte mural como grafiti, pintura mural, stencil ou similares”.

A edil de Igualdade engade: “entre...

leer más
28/04/2026

O Concello de Barreiros convoca o Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2026, ao que se poden presentar traballos ata o día 15 de maio, venres.

“O 17 de maio celebraremos un día moi importante para as nosas letras e a nosa lingua, que é unha das riquezas máis importantes que posuímos, homenaxeando a Begoña Caamaño, unha muller que coa súa escrita e o seu compromiso feminista deunos unha nova forma de ollar a cultura. Begoña ensinounos que ler é tamén unha forma de entender quen somos e de imaxinar un mundo máis libre e xusto. Baixo o lema Medrar lendo a Biblioteca Municipal de Barreiros abre o certame local para que as nenas e nenos do concello sexan os protagonistas. Queremos que nos contedes, con palabras ou debuxos, eses momentos especiais nos que un libro foi o voso compañeiro de viaxe e vos axudou a imaxinar novos...

leer más
Etiquetas:
23/04/2026

O Concello de Cervo anuncia que o día 23 de abril “celebramos a maxia das historias, da imaxinación e das palabras que nos fan viaxar sen movernos do sitio. Dende o Concello de Cervo animámosvos a participar no noso Certame do Día do Libro, unha oportunidade perfecta para deixar voar a creatividade”. Os traballos poden presentarse ata o día 30 de abril.

Hai 3 categorías: infantil (de 3 a 6 anos): facer un marcapáxinas orixinal; primaria (de 7 a 11 anos), facer un relato continuando a historia; e adultos (de 12 ou máis anos): relato dunha anécdota familiar ou seguir unha historia. Os traballos poden enviarse por correo electrónico, á dirección prensa@concellodecervo.com ou por WhatsApp ao número 683.315.939.

 

Etiquetas:
11/03/2026

O Concello de Foz vén de publicar as bases para inscribirse no V Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto, que se celebrará en xuño.

As inscricións poderán facerse a través da sede electrónica municipal, onde existe un trámite específico para a mesma. As bases poderán consultarse no departamento de Cultura ou na sede electrónica do concello. O prazo para anotarse remata o día 11 de abril.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que o certame de teatro afeccionado “é unha cita xa consolidada en Foz, onde se xuntan actrices e actores afeccionados e un público amante do teatro. As datas do certame son no vindeiro mes de xuño: os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14, na Casa da Cultura”.

Inés López engade: “agardamos que coma nos últimos anos as compañías se animen a...

leer más
Etiquetas:
14/02/2026

O Concello de Cervo convoca a décimo segunda edición do Certame de Amor na Rede. O tema xenérico é Amor sen filtros.

Hai tres formatos para participar: carta (máximo un DIN-A4), foto e vídeo (máximo 1 minuto); e dúas categorías: maiores de 18 anos e menores desa idade.

O prazo de presentación está aberto ata o domingo 22 de febreiro e os traballos poden enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou do WhatsApp 683.31.59.39.

Os traballos publicaranse o luns 23 de febreiro no Facebook do Concello. As publicacións con máis gústame ata as 22:00 horas dese día serán as gañadoras en cada categoría e formato. Ademais haberá un premio ao traballo máis orixinal (maiores e menores de 18).

... leer más
Etiquetas:
05/12/2025

O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nominados e nominadas aos premios do VII Certame de Teatro Afeccionado, que se entregarán nunha gala o sábado 13 de decembro.

O xurado do VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá decidiu que os nominados e nominadas nas diferentes categorías son os seguintes:

Para o premio Conde Santo á mellor representación: Campanas de Bastabales, de Imaxina-T, de Narón; A Xuntanza, de El Ruiseñor, de Culleredo; e O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro, de Ferrol.

Para o premio Lourenzo ao mellor actor: Rubén Pena, de The-sastre Teatro, de Barbadás; Ramón A. Ares, de Ollomao, de Barreiros; e Fernando Moares, de El Ruiseñor, de Culleredo.

Para o premio Ana á mellor actriz: Patricia Pérez, de Ollomao...

leer más
Etiquetas:
27/10/2025

O Concello de Lourenzá deu a coñecer as oito obras seleccionadas para participar no VII Certame de Teatro Concello de Lourenzá, que comezará este domingo, día 2 de novembro.

As obras e compañías son as seguintes: Sen frores nin coroas, da Asociación 57 Palabras, de Viveiro; Sursum Corda, de O Catre Teatro, de As Pontes; Deus non quere calderilla, de The-sastre Teatro, de Barbadás (Ourense); Dona Clara, de Ollomao, de Barreiros; Campanas de Bastabales, de Imaxina-T Asociación Cultural Celeuma, de Narón; Os vellos deberían namorarse e non morrer, de Teatro Coles, de Coles (Ourense); A xuntanza, da Compañía de Teatro El Ruiseñor, de Culleredo; e O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro da ACRD Grupo Bazán, de Ferrol.

O...

leer más