Certame
A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros xunto coa Biblioteca Provincial de Lugo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, convocan o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 na súa fase local.
O lema para o concurso deste ano no que se lle rende homenaxe a #XelaArias é: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”. Como resumo do artigo 31 podemos decir que: Os Estados Partes, recoñecen o dereito do neno/a ao descanso e ao esparexemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade, e a participar libremente na vida cultural, e nas artes.
As follas de inscrición poden recollerse na Biblioteca Municipal e nos colexios do concello.
As bases:
1.- Poden...
O Concello de O Valadouro organiza un concurso de vestimenta antiga, dentro das actividades do XV Mercado de Primavera. Os participantes deben enviar unha foto da súa vestimenta vía whatsapp ao número de teléfono 639.317.255.
Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.
O prazo para enviar as fototografías remata o 28 de marzo ás 15:00 horas. As fotos publicaranse nun álbum na páxina de Facebook do Concello de O Valadouro e serán premiadas as 3 que máis Me gusta teñan o 3 de abril ás 15:00 horas.
O Concello de O Valadouro organiza un concurso de fotografías sobre o Mercado de Primavera. Os participantes deben subir ao seu Facebook ou Instagram imaxes de anteriores edicións do evento co cancelo #MercadoPrimavera21 e etiquetar ao Concello de O Valadouro.
Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.
O prazo para participar remata o 25 de marzo ás 23:59 horas e o fallo do xurado publicarase o 27 deste mes ás 17:00 horas.
No Concello de Burela presentouse este mediodía o 1º Certame Galego de Videoclips Musicais Music@rte no que poderán participar as escolas de música, conservatorios e centros de ensino musical públicos e privados de toda Galicia. Establécense catro premios: Mellor videoclip inédito dotado con 500 euros; Mellor videoclip cover con 250 euros; Mellor videoclip en galego con 250 euros e Mellor videoclip elixido polo público con 200 euros. O prazo de presentación de traballos remata o 20 de xuño de 2021. No acto de presentación participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, o director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, e a actriz barreirense e membro do xurado deste Certame Estíbaliz Veiga.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “el certamen va enfocado a escuelas...
leer másO vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, unha data tradicionalmente marcada no calendario da delegación de Medio Ambiente coa programación de actividades que redundan na preservación da nosa contorna.
O Concello de Cervo, a pesar da situación excepcional que vivimos, quere seguir a carón da comunidade educativa, promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente. Deste xeito promove unha actividade didáctica dirixida ao alumnado de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz baixo o título: Unha árbore, un fogar. Trátase dun concurso de debuxo.
Desde o Concello indican que “unha árbore non é só unha planta tamén é o fogar de moitos seres vivos como: paxariños, que fan o niño na súa copa; insectos que viven no seu tronco, fungos que medran nas súas raíces ou...
Convocado polos Concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".
O Certame foi adiado sucesivamente á espera de que a situación sanitaria se normalizase, establecéndose o remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021.
Establécense 4 categorías: de 3 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 17 anos; e de 18 en diante. Os premios serán figuras conmemorativas, diplomas e material escolar para as tres primeiras categorías e no caso da de adultos haberá tamén premios en metálico.
O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño
Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal
Viveiro continúa coas actividades con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso de fotografía "Traballos e Mulleres" diríxese a fotógrafos/as aficionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.
O Concello de Viveiro pretende con este concurso visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
Concederanse tres premios, de 300, 150 e 100 euros, ademais dun galardón á obra máis votada polo público de 100 euros.
Os participantes xa poden compartir as súas imaxes. As persoas interesadas deben dirixirse á web https://fotografia.traballosemulleres.com/ cubrir o formulario cos seus datos e subir a fotografía coa que desexen participar. Na...
leer másA Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña convoca o I Certame de Logotipo das Galletas Mariñas para crear a imaxe do novo produto elaborado ao abeiro do proxecto de integración na comunidade “Mental Health Chefs”, “Cocineros de la Salud Mental”.
As bases están depositadas ante notario e pódese acceder a elas tamén a través do Facebook, Instagram e páxina web da entidade.
O premio será de 600 euros para o gañador e os participantes terán ata o próximo 30 de abril ás 23:59 horas para entregar os seus traballos.
Por motivos de seguridade sanitaria o Concello de Mondoñedo non celebrará este ano o desfile de Entroido, como habitualmente acostuman a facer, pero para non deixar pasar estas datas de festexo e tradición sen realizar ningunha actividade organizarase o Atípico Entroido 2021 como concurso de disfraces de forma totalmente dixital para seguir poñendo en valor estas datas.
BASES:
1ª Obxecto
O concurso está formulado para poñer en valor e manter a tradición do Entroido, así como festexar estas datas importantes para o noso municipio.
2ª Participantes.
O concurso está aberto a todas as persoas físicas que desexen participar, diferenciando as seguintes categorías:
• Individual infantil e adulto
• Parellas convivintes infantil e adulto
• Grupos convivintes infantil e adulto
3ª Como participar
...
O Concello de Burela xa comezou a recibir os primeiros bocetos para participar na cuarta edición de Amarte, o Certame Internacional de Pintura Mural que se desenvolverá do 30 de xullo ao 2 de agosto no porto burelés. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a participar nesta cita e lembra que o prazo de presentación de propostas remata o vindeiro 15 de xullo. Logo o xurado elixirá as nove obras que serán pintadas no muro do peirao. As bases e os premios atópanse publicados no facebook do certame.
O edil de Cultura en Burela contou que “estamos empezando a recibir ya los primeros bocetos para elegir los nueve participantes de este año. Solían ser diez, pero por el número de paneles que quedan por pintar en el muro, si lo dejamos en nueve tendríamos tres certámenes más de nueve murales y un último certamen, dentro de cuatro años, con ocho...
leer más