Campamento
O Concello de Burela organiza, en colaboración coa fundación Cibervoluntarios, un Campamento Dixital que se levará a cabo na Aula Cemit. A iniciativa enmárcase no o programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia), e se desenvolverá entre o 19 de agosto e o 6 de setembro.
Haberá dous grupos: un para nenas e nenos entre 9 e 13 anos e outro para rapazada de 14 a 17 anos. En ambos casos terá unha duración de 30 horas totalmente de balde. No campamento aprenderase a empregar internet de xeito útil, creativo, seguro e responsable.
As inscricións poderán ser presenciais, na Casa do Concello, ou telemáticas, a través do número 982.58.60.00 ou o correo educadorafamiliar@burela.org. Será necesario indicar o nome e apelidos da persoa interesada, a súa data de nacemento...
leer másO Concello de Barreiros ofrece un Campamento Dixital, do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT, para a mocidade de 13 a 17 anos. É gratuíto de 30 horas en competencias dixitais, con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados. Levarase a cabo en horario de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na propia aula CeMIT os martes e xoves de 9:30 a 14:30 horas ou os resto de días na Casa do Concello no mesmo horario ata o 8 de xullo.
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.
Aprenderán a buscar información valiosa na internet, hábitos saudables, pensamento...
leer másO Concello da Pontenova organiza un campamento de verán para nenas e nenos de 3 a 14 anos. Será do 15 de xullo ó 16 de agosto (de luns a venres) de 10:00 a 14:00 horas.
As prazas son limitadas e a inscrición debe facerse na Casa do Concello ou a través do teléfono 982.34.22.77. O prazo estará aberto ata o 10 de xullo.
O Concello de Viveiro informa de que o luns 1 de xullo comeza a primeira quenda do campamento de verán, que se desenvolverá no pavillón do CEP Lois Tobío en horario de 08.30 a 14.30 horas con entrada flexible ata ás 10.00 horas.
Haberá catro quendas ata o 30 de agosto: do 1 ao 12 de xullo, do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 09 de agosto e do 12 ao 30 de agosto.
“Con este campamento buscamos favorecer a conciliación familiar. Deste modo os cativos e cativas gozan dunha alternativa de ocio saudable á vez que pedagóxica, na que se fomentan o xogo, o deporte e a expresión artística, ademais de valores como a convivencia ou o respecto entre iguais”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
O Concello de Barreiros, grazas a un convenio coa Fundación Cibervoluntarios, presenta un campamento dixital para a rapazada de 13 a 17 anos. Esta formación ten como obxectivo impulsar a inclusión e a transformación dixital entre a xuventude. O campamento terá lugar na Aula CeMit de Barreiros do 1 ao 19 de xullo de luns a venres de 11 a 13 horas. A actividade consta de 30 horas de formación gratuíta durante as cales, a través de aventuras interactivas, os participantes deberán completar etapas e cumprir misións para acadar logros.
Os participantes aprenderán: uso consciente e responsable de Internet e redes sociais, protección da identidade dixital, novas competencias recollidas no marco europeo de competencias dixitais DIGCOMP.
O Concello de Barreiros salienta que “é unha boa oportunidade para mellorar as...
leer másRun Foz Run organiza un campamento de verano que se desarrollará en el Centro Cívico de Cangas de Foz del 1 al 31 de julio, de 10:00h a 13:30 horas de lunes a viernes.
“Desde el campamento de verano Run Foz Run creemos que los períodos vacacionales son perfectos para promover el aprendizaje a través del deporte y generar nuevas experiencias que los niños/as recordarán siempre. Nuestro principal objetivo es que los niños/as de 6 a 17 años lo pasen bien y crezcan como personas, con unos valores que les sirvan para hoy y para el futuro y gracias al deporte, como hilo conductor y a nuestro gran equipo humano estamos convencidos de que disfrutarán de una experiencia única y enriquecedora. El hilo conductor será el deporte: fútbol, baloncesto, atletismo, surf, kayak… y tenemos preparadas múltiples actividades de carácter lúdico como excursiones...
leer másO prazo de solicitudes para o programa Trabada Concilia comeza este martes, 28 de maio, e estará aberto ata o 11 de xuño. Dentro deste programa inclúense tódolos servizos de conciliación ofertados polo Concello de Trabada, como son o campamento de verán 2024, o servizo de Madrugadores, Ludiseráns e os cursos de natación para o curso escolar 2024-2025.
O Concello amplía o número de prazas do campamento de verán debido á gran acollida que tivo o ano pasado.
“Dende o Concello de Trabada continuamos apostando polos servizos de conciliación para as familias, que tan necesarios son hoxe en día para axudar aos pais e nais, contribuíndo a fixar poboación no rural”, asegura o alcalde, Rubén García, que engade: “continuamos ofertando estes programas durante o verán e durante o curso escolar xa que queremos que as familias do noso concello conten cuns programas de conciliación...
leer másBurela acollerá entre os días 27 e 30 de xuño o segundo Campamento Musical ASUEMBU. Está orientado ás especialidades de corda fretada, piano e vento.
A asociación de usuarios da Escola de Música local (ASUEMBU) organiza por segunda vez esta iniciativa, que culminará nun gran concerto final na Casa da Cultura, coa colaboración do Concello. Está dirixida a maiores de 8 anos.
"Dende a área de Educación do Concello de Burela estamos encantados de colaborar con iniciativas deste tipo, sobre todo despois do éxito do pasado ano, que fai que se espere unha gran participación para este ano", sinala o concelleiro Mario Pillado.
"Os rapaces e rapazas, pequenos grandes músicos, desfrutarán das ensinanzas dos docentes, así como tamén dos concertos e das actividades organizadas dentro do propio...
leer másO colexio Juan Rey, de Lourenzá, acollerá un campamento de Nadal que se desenvolverá os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. Está organizado pola Anpa do centro e o Concello de Lourenzá, para nen@s nados entre os anos 2020 e 2012.
Farán actividades como talleres de cociña e de manualidades, baile, xogos, navideños ou obradoiros. A tarifa é de 25 euros. As prazas son limitadas e o prazo para apuntarse remata o 19 de decembro.
Os organizadores explican: “unha das prioridades para a nosa asociación é axudar a conciliar aos pais, por iso este Nadal a Anpa e o Concello traballan para levar adiante o Campamento de Nadal. Haberá prazas limitadas e teran preferencia @s nen@s empadronad@s no noso Concello e tamén se son socio@s da Anpa. Non esquezas cubrir a inscrición! No caso de ir varios...
leer másA ludoteca de Mondoñedo acollerá un campamento de Nadal desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e teñen preferencia os/as empadroados/as en no concello de Mondoñedo.
O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de decembro e os interesados en máis información e para presentar as solicitudes deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou ao teléfono 982.52.40.03 - extensión 8.
Esta actividade será cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »