Dixital

Etiquetas:
24/07/2024

O Concello de Burela organiza, en colaboración coa fundación Cibervoluntarios, un Campamento Dixital que se levará a cabo na Aula Cemit. A iniciativa enmárcase no o programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia), e se desenvolverá entre o 19 de agosto e o 6 de setembro.

Haberá dous grupos: un para nenas e nenos entre 9 e 13 anos e outro para rapazada de 14 a 17 anos. En ambos casos terá unha duración de 30 horas totalmente de balde. No campamento aprenderase a empregar internet de xeito útil, creativo, seguro e responsable.

As inscricións poderán ser presenciais, na Casa do Concello, ou telemáticas, a través do número 982.58.60.00 ou o correo educadorafamiliar@burela.org. Será necesario indicar o nome e apelidos da persoa interesada, a súa data de nacemento...

leer más
01/07/2024

O Concello de Barreiros ofrece un Campamento Dixital, do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT, para a mocidade de 13 a 17 anos. É gratuíto de 30 horas en competencias dixitais, con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados. Levarase a cabo en horario de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na propia aula CeMIT os martes e xoves de 9:30 a 14:30 horas ou os resto de días na Casa do Concello no mesmo horario ata o 8 de xullo.

Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.

Aprenderán a buscar información valiosa na internet, hábitos saudables, pensamento...

leer más
Etiquetas:
14/09/2023

O IES de Foz oferta este curso 2023-24 unha aula de capacitación dixital, na que se ofrecerá formación para adquirir coñecementos dixitais básicos sobre temas como solicitude de citas previas, obtención de certificados, comunicación con entidades financieiras, seguridade nas redes, compra online, correo electrónico, videoconferencias, etcétera. Os cursos serán gratuítos e os asistentes recibirán certificación da Xunta. As persoas interesadas poden solicitar información no IES de Foz, a través do teléfono 982.87.02.87.

A directora do centro, Leticia Maseda, explica que para este curso 2023-24 “temos unha novidade no IES de Foz, que é a oferta da aula de capacitación dixital, que ofrece formación para todas aquelas persoas que non estean cursando ningún outro tipo de estudos e queiran formarse en coñecementos dixitais básicos: por exemplo...

leer más
Etiquetas:
26/09/2022

O Concello de Foz presentará este martes, 27 de setembro, o proxecto de arquivo dixital dos fondos históricos documentais dixitalizados previamente polo propio Concello. o acto celebrarase ás 12.00 da mañá no salón de actos da Casa da Cultura focega e estará aberto ao público ata completar aforo.

Este arquivo é un escaparate virtual orientado á posta en valor do patrimonio material e inmaterial do Concello de Foz, que ofrecerá de forma rápida e estructurada unha gran cantidade de información na rede, permitindo localizala de xeito intuitivo e axilizar a localización de datos na páxina web https://arquivoconcellodefoz.com/.

Con esta web póñense a disposición do público multitude de imaxes, vídeos e outro material de diversa orixe e tipoloxía, que permitirán entender e...

leer más
Etiquetas:
20/04/2021

Este sábado, 24 de abril, en Mondoñedo celebrarase un taller de márketing dixital.

A actividade está dirixida a pequenos comercios e autónomos e será impartida por Fran Saura e Felipe Debasa. Dará comezo ás 19:30 horas e terá lugar no Pazo de Santomé, antigo centro comarcal, na rúa Julia Pardo.

As persoas interesadas pódense anotar no teléfono 982 50 71 77.

O taller está organizado pola Universidad Rey Juan Carlos, e colaboran o Concello de Mondoñedo e The Mondoñedo Valley.