Cantar Delas

18/09/2025

Os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerán este sábado, día 20 de setembro, ás 19:30 horas un novo concerto do ciclo Cantos de raíz. Da raíz do canto, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O grupo coral feminino Cantar Delas, con preto dunha trintena de integrantes, interpretará un repertorio que repasa a historia da música popular galega, desde as pezas transmitidas a través da oralidade ata os temas creados sobre os versos das voces poéticas máis senlleiras da nosa literatura a partir de fórmulas da poesía oral.

A Vicepresidencia da Deputación anuncia que “a formación lucense destacará nese percorrido histórico a contribución das mulleres á creación, conservación e renovación da música popular, sumándose á homenaxe colectiva que propuxo este ano a Real Academia Galega ao dedicar as...

leer más