Marosa Cup
A décima edición do torneo de fútbol Marosa Cup disputarase os día 20 e 21 de xuño.
O Concello de Burela anuncia que “xa está aquí a X edición da Marosa Cup 2026. Un ano máis, o fútbol será protagonista nunha fin de semana chea de deporte, compañeirismo e ilusión no que participarán arredor de 40 equipos”.
O sábado 20 de xuño disputáranse os partidos de Fútbol 8, nas categorías de biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. E o domingo 21 serán os de Fútbol 11 en categorías infantil e cadete.
O Concello de Burela explica que “os partidos de F8 xogaranse en campo natural e campo artificial. En F11 tamén se xogará nos campos da Candelaria e San Ciprián”.
Esta fin de semana celebrarase a novena edición do torneo de fútbol base Marosa Cup, que organiza o club SD Burela, que anuncia: “o sábado 21 será o turno dos equipos de fútbol 8 e o domingo 22 tocaralles aos infantís e cadetes. Estamos moi contentos de poder dicir que esta é a edición máis grande ata o momento. En fútbol 8 participarán 44 equipos dun total de 16 clubs. En fútbol 11 participarán 37 equipos dun total de 24 clubs. Como novidade, o domingo estaremos en 3 sedes: Burela, San Ciprián e Foz”.




