Emprego
RIBADEO SUMA continua a súa andanza, logo das formacións realizadas no Ribadeo Suma + Emprego nas que se cubriron todas as prazas dispoñibles. O Concello, desde a Área de Desenvolvemento Local, quere continuar co programa Ribadeo Suma Empresas & Emprendemento co fin de mellorar as competencias das empresas e das persoas emprendedoras, a través de formacións dinámicas e eminentemente prácticas e que abordarán temáticas para pór a súas ideas en acción, promover a reflexión para o cambio e outras actividades que lles axudarán a consolidar o seus negocios.
Pablo Vizoso subliña que “todas estas formacións preparadas teñen unha parte presencial e cada unha delas irá acompañada de mentorías que asesorarán de forma personalizada e individualizada ás persoas participantes e que se realizarán cando remate cada unha desas formacións presenciais....
leer másO Concello presenta Ribadeo Suma, un novo proxecto para este 2022, que incidirá nos eidos do emprego, as empresas, o emprendemento, a dixitalización e a sostibilidade e que pretende mellorar o benestar da poboación. O programa arrinca xa neste mes de febreiro.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “o ritmo de desenvolvemento social, tecnolóxico e económico actual puxo de manifesto xa hai un tempo que é preciso aplicar de novos enfoques para acadar un modelo de convivencia moito máis inclusivo e sostible, que garanta o benestar da poboación a longo prazo”.
O edil ribadense dixo que “na época onde as présas mandan e todo semella desbotable, parece preciso mudar certos hábitos e adquirir coñecementos que nos permitan avanzar como sociedade,mantendo o equilibrio entre progreso e...
leer más