Jorge Arévalo
O Pazo de San Tomé, de Mondoñedo acolle ata o 15 de novembro exposición fotográfica Gardiáns, de Jorge Arévalo, con máis de medio cento de imaxes sobre o traballo nas ganderías e a pegada dos animais na cultura.
“A mostra, promovida pola Federación Galega de Razas Autóctonas (Boaga) e financiada pola Vicepresidencia da Deputación, xurdiu como un percorrido por ganderías con animais de razas autóctonas, que o autor transcendeu para ofrecer unha ollada máis profunda e complexa a relación entre os animais e as persoas na cultura galega. Así as fotografías recollen escenas do traballo diario co gando, dos ciclos vitais dos animais ou as consecuencias dos lumes na actividade gandeira e tamén amosan a pegada dos animais na cultura a partir de celebracións como o Entroido. As imaxes compleméntanse con textos de Olga Novo e Alfonso Daniel...
leer más



