Feira das Maulas
A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o día 10 de maio, domingo, unha nova edición da Feira das Maulas, “unha das citas máis singulares do calendario local, que propón un ambiente festivo, tradición e actividade arredor do mundo gandeiro e ecuestre. Ao longo de toda a xornada, veciñanza e visitantes poderán desfrutar dunha programación pensada para combinar participación, lecer e posta en valor dun evento con fonda pegada no municipio”, anuncia o Concello de Viveiro.
A feira comezará ás 9:00 horas e, desde as 10:00 ata as 13:00 horas, permanecerá aberto o prazo de inscrición para as competicións no circuíto das carreiras, ademais de realizarse a medición dos cabalos na pista. A animación musical será desde as 12:00 horas coa actuación dos Gaiteiros de Bagoas da Terra, mentres que a sesión vermú estará amenizada polo dúo...
leer másO Concello de Viveiro asumirá este ano a organización da Feira das Maulas “coa vontade de garantir a continuidade dunha celebración de fonda tradición popular no municipio e especialmente vencellada á parroquia de Galdo. A Feira das Maulas celebrarase o segundo domingo do mes de maio e constitúe unha das citas máis recoñecibles do calendario festivo e gandeiro de Viveiro. Trátase dunha feira con máis de 300 anos de historia, que é considerada unha das máis antigas da súa tipoloxía en Galicia e un referente na Mariña. Nos últimos anos a organización da feira correu a cargo de varios colectivos da parroquia e do municipio, o que permitiu manter viva a celebración. Agora o Concello dá un paso adiante para asegurar a súa continuidade e preservar unha cita que forma parte da memoria colectiva de Galdo e de Viveiro”.
Mariña Gueimunde, alcaldesa...
leer másA parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará a tradicional Feira das Maulas, con máis de tres séculos de historia, este domingo, día 11 de maio
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e feira de gando. Ás 11:00 horas empezarán as probas de andadura federada. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Dorados, que tamén amenizará o baile de tarde.
Haberá premios, de 80 euros cada un, para o maior número de cabezas de vacún e de equino.
A organización anuncia que está “permitido gando vacún, ovino e caprino con guía de ida e volta”.





