Cursos
A Xunta de Galicia organiza no Vicedo, neste mes de marzo e en abril, dous cursos para persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil.
“A primeira actividade comezou xa no Vicedo, que acolle dende o sábado 21 de marzo un curso básico de Protección Civil que se impartirá en dúas fins de semana (comezou a pasada e completarase os próximos sábado 28 e domingo 29). Este tipo de cursos ofrecen ao persoal de novo ingreso a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de Protección Civil”, indica a Xunta, que tamén anuncia que se ofrecerá un curso presencial de prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais nos municipio do Vicedo do 10 ao 19 de abril.
O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explica que este cursos forman parte da programación da Academia...
leer másA Piscina Municipal de Viveiro porá en marcha novos cursos a partir do 16 de marzo, co obxectivo de “ampliar a oferta de actividade física e promover hábitos saudables entre a veciñanza”. Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas.
A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta, anuncia o Concello de Viveiro.
Lourenzá acollerá tres cursos de dixitalización no vindeiro mes de marzo.
A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “estes tres cursos terán lugar en Lourenzá dentro do programa E para dixitalizarse Lugo, iniciativa da Deputación Provincial financiada con fondos Next Generation. Están dirixidos a achegar a aprendizaxe dixital a poboación do ámbito rural e favorecer o uso de novas tecnoloxías na vida diaria”.
Un dos cursos é de robótica e terá lugar no Ceip Juan Rey para todo o alumnado, os días 10 e 17 de marzo. Os outros dous desenvolveranse no Multiusos Ponte de Cuñas: un deles, sobre intelixencia artificial e destinado a autónomos e pemes, será os días 10 e 17 de marzo de 19:00 a 22:00 horas; e o outro, dirixido a toda veciñanza en xeral e que tratará sobre a Chave 365, o certificado dixital, etcétera,...
leer másO CFEA Pedro Murias, de Vilaframil (Ribadeo), acollerá varios cursos en febreiro e marzo, que foron presentados nun acto que tivo lugar este xoves.
O alcalde, Dani Vega, anunciou: “seguimos colaborando con Pedro Murias e neste caso para comezar un curso de poda de froiteiras, inxertía de froiteiras e reprodución vexetativa de plantas ornamentais. Seguimos dotando de formación, neste caso non regrada a Pedro Murias, e os días 24 e 26 de febreiro e 5 de marzo, terán lugar estes cursos nos que as persoas interesadas xa poden inscribirse”. O rexedor dixo tamén: “vamos colaborar con Pedro Murias e é importante tamén que o centro acolla a formación, formación de aprendizaxe, neste caso de poda de froiteiras ou de inxertía, que tamén é moi importante, e a reprodución vexetativa das plantas. Durante estes días vai haber esa formación non regrada...
leer másO Concello de Burela, a través das áreas de Servizos Sociais e Inmigración, pon en marcha unha nova edición de cursos gratuítos de formación dixital Yo conecto, dirixidos á veciñanza. A iniciativa desenvolverase na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e inclúe catro accións formativas diferentes que se impartirán entre o 23 de febreiro e o 18 de marzo.
Os cursos terán lugar de luns a xoves, en horario de 17:00 a 20:00 horas, e a programación estrutúrase en catro semanas, cada unha dedicada a unha temática concreta relacionada co uso das tecnoloxías.
A primeira formación, Iniciación ao mundo dixital, impartirase do 23 ao 26 de febreiro. Do 2 ao 5 de marzo desenvolverase o curso A túa banca dixital. Compras seguras en liña. A terceira proposta, Ocio dixital: apps para...
leer másO Concello de Barreiros, a través da súa Aula Mentor, abre o prazo de inscrición para unha nova convocatoria de cursos formativos en liña, totalmente gratuítos e dirixidos a persoas adultas que desexen mellorar as súas competencias profesionais e dixitais. O prazo de matriculación manterase aberto ata o 10 de novembro.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Aula Mentor de Barreiros, a través do teléfono 666.87.59.46 ou no correo electrónico barreiros@aulamentor.es. As prazas son limitadas e ocuparanse por rigorosa orde de inscrición, explica o Concello de Barreiros.
Os cursos, cunha duración aproximada de 60 horas para facer en 2 meses a partir do 12 de novembro, impártense en liña e contarán con titorías personalizadas.
... leer másO concello de Barreiros acollerá tres cursos do programa É para Dixitalizarse, Lugo, unha iniciativa da Deputación Provincial dirixida a achegar a aprendizaxe dixital á poboación do ámbito rural e favorecer o uso das novas tecnoloxías na vida diaria.
Os cursos, totalmente gratuítos, impartiranse na aula CeMIT de Barreiros os luns, martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas e serán os seguintes: Informática básica; do 27 de outubro a finais de decembro; Certificados dixitais, durante o mes de xaneiro; e Banca electrónica, ao longo do mes de febreiro.
As persoas interesadas poden informarse e reservar praza no teléfono 666.875.946 ou na propia aula CeMIT de Barreiros.
O Concello de Barreiros destaca que esta programación “supón unha oportunidade para seguir avanzando na inclusión...
leer másEstán abertas as inscricións para asistir aos novos cursos gratuítos sobre certificados dixitais, ch@ve 365, Sergas, facenda e teléfonos móbiles, que se impartirán en outubro, novembro e decembro en Rinlo, Vilaselán e Cedofeita.
Curso Google e as súas aplicacións. Google Maps, Google Gmail, Calendario, Drive, Fotos... Será impartido na Escola de Rinlo os días 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 de outubro, 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de novembro e 1 de decembro. Será en horario de 17 a 19 horas. A data límite de inscrición para este curso será o 5 de outubro.
Curso: O teléfono móbil, primeiros pasos. Terá lugar na Escola de Vilaselán os días 20, 24, 25, 26 y 27 de novembro e 1, 2, 3, 4 e 9 de decembro tamén en horario de 17 a 19 horas. O prazo de inscrición...
leer másAcisa Ribadeo comeza nova tempada cunha ampla oferta formativa para o sector comercial e hostaleiro con cursos de inglés, empaquetado e escaparatismo.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliña que “co obxectivo de mellorar os servizos que prestamos desde Acisa, pero tamén desde os negocios asociados, organizamos estes cursos de inglés, de empaquetado e de escaparatismo. Debemos estar á altura da veciñanza e tamén dos milleiros de turistas que recibimos ao longo do ano en Ribadeo. O visitante estranxeiro está cada vez máis presente e debemos entendermos con el da mellor maneira posible. Ter uns escaparates acordes co referente comercial que somos é moi importante ao igual que envolver uns agasallos de xeito orixinal e creativo”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense indica que “a Asociación de...
leer másO Concello de Burela, a través do seu Centro de Formación Ocupacional, ofrece dous novos cursos de formación que comezarán no mes de outubro de 2025, dirixidos a persoas desempregadas dentro do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. “Estes cursos permiten a obtención do certificado de profesionalidade, que acredita as competencias profesionais necesarias para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral”, explica o Concello de Burela.
O primeiro dos cursos está dedicado á atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208), cunha duración de 528 horas. Como requisito de acceso, é necesario ter o título de ESO. ou equivalente.
O segundo céntrase nas operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508), cunha duración de 518 horas, e non...
leer más












