musica

Etiquetas:
01/09/2025

O Concello de Xove informa que do 2 ao 30 de setembro de 2025 permanecerá aberto o prazo de solicitude de matrícula para a Escola Municipal de Música de cara ao vindeiro curso 2025-26.

As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de solicitude, que poderá recollerse directamente no Rexistro do Concello ou ben descargarse da páxina web municipal www.xove.es. Unha vez cuberta, poderá entregarse no devandito Rexistro ou a través da Sede Electrónica adxuntando o impreso de solicitude cuberto.

Dado que as prazas son limitadas, dende o Concello recoméndase inscribirse canto antes.

O 6 de outubro publicarase o listado definitivo de persoas admitidas para o curso 2025-26 na Escola Municipal de Música de Xove.

 

Etiquetas:
01/09/2025

O Concello de Burela informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2025/2026 na escola de música municipal desde este luns, 1 de setembro, ata o vindeiro día 30 deste mesmo mes. As prazas, dispoñibles para todas as idades a partir de 4 anos e en diferentes instrumentos, son limitadas.

Para matricularse e para obter máis información, a veciñanza poderá chamar ao número de teléfono 982.580.720, escribir ao correo electrónico escolademusica@burela.org ou acudir á propia escola na súa ubicación, en rúa do Cancelo, 1.

O tenente de alcaldesa en Burela e concelleiro responsable da Escola, Mario Pillado, anima á veciñanza “a participar neste novo curso aprendendo un novo instrumento ou coñecendo máis sobre esa fermosa arte que é a música” e destaca que “a...

leer más
Etiquetas:
27/08/2025

Burela prepárase para vivir unha semana na que a música será protagonista coa celebración do XV Curso Interdisciplinar de Música, organizado pola Escola Municipal de Música de Burela. A actividade desenvolverase do 2 ao 7 de setembro en horario de mañá, de 10:30 a 12:00 horas, e está dirixida a nenos e nenas a partir dos 4 anos de idade.

“Durante o curso a cativada participará en actividades musicais variadas, nas que traballarán o ritmo, a voz e a práctica instrumental, adaptadas á súa idade. Terán a posibilidade de familiarizarse cos instrumentos de corda, vento e percusión, convertendo cada sesión nun espazo de aprendizaxe creativo e divertido”, segundo explicou o tenente da alcaldesa de Burela, Mario Pillado.

O broche final desta edición será o domingo 7 de setembro cunha actuación do alumnado no Cantiños da...

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

O Campo da Cabana en Foz será o escenario da V Panceparty, unha cita gastronómica e musical que terá lugar o sábado 23 de agosto a partir das 20:00 horas.

A festa arrincará xa ao mediodía cunha sesión vermú desde as 13:00 horas, que servirá para ir quentando motores nun ambiente festivo.

Os asistentes poderán gozar de dúas opcións gastronómicas: ración de lagostinos con pan e bebida ou ración de panceta e chourizo con pan e bebida, ámbalas dúas por 12 euros. Os máis pequenos tamén terán a súa propia ración adaptada.

Na parte musical, a xornada estará animada co mellor ambiente grazas ás actuacións de Puzzle Animación, a batucada Peta Pouco e o Dúo Tropical.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles a un prezo reducido de 10 euros a través da web...

leer más
Etiquetas:
05/08/2025

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrece o seu tradicional concerto de música medieval este xoves, día 7 de agosto.

A actuación será no claustro da catedral mindoniense ás 21:00 horas.

Etiquetas:
25/06/2025

O Concello de Foz continúa coa súa extensa programación cultural esta fin de semana, na que haberá música e teatro. Comeza este venres coa actuación do Combo de Jazz da Escola de Música Arcadio Mon, ás 19.00 horas nos xardíns do Paseo da Ribeira.

Ademais a concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “chegou o momento de que se coñezan os gañadores do IV Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo - O Poto e animamos a que o público nos acompañe tamén xa que teremos a actuación de Isabel Risco. Será o sabado 28 ás 18.30 horas na Casa da Cultura. O sábado tamén se conmemora o Día do Orgullo, polo que todos os actos estarán impregnados da mensaxe clara do Concello de Foz de sentirse orgulloso de que o amor sexa libre coma as persoas e que ninguén sexa discriminado por ser o que decida. No ano no que se celebra o...

leer más
Etiquetas:
18/06/2025

O peche deste curso escolar 2024/25 trae consigo unha intensa actividade na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo do 23 ao 27 de xuño.

O martes 24 de xuño terá lugar un Encontro Orquestral en Xove, no que participarán as Escolas de Música de Burela, Mondoñedo, Ribadeo, Xove e Forte Glissando, de Lugo. O responsable da EMMeD, Hugo García, explicou que “o alumnado participante desfrutará dunha xornada de convivencia, na que ademais dos ensaios e concerto xa programados, realizarán unha visita por Xove entre outras actividades. O que se busca con estas accións é fomentar as relacións entre os centros educativos e enriquecer a formación do alumnado”. Como peche desta xornada, a agrupación que se forme dará un concerto ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, onde ofrecerán un variado repertorio de obras...

leer más
25/04/2025

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio de Música, organizará en maio un curso gratuíto para adultos que desexen iniciarse na música.

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o luns 28 e o mércores 30 de abril. Os interesados poden apuntarse na Secretaría do Conservatorio ou a través do número de teléfono 982.560.486.

Etiquetas:
16/04/2025

O Concello de Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, organizará en maio cursos gratuítos para que nenos e nenas sen coñecementos previos poidan achegarse ao mundo da música.

No Curso de Iniciación ao Instrumento nenos de entre 8 e 14 anos poderán familiarizarse co clarinete, a frauta traveseira, a gaita, a guitarra, a percusión, o piano, o saxofón, o trombón, a trompeta, o violín e o violonchelo. O prazo de matrícula permanecerá aberto o 5 e 6 de maio e as prazas son limitadas.

En canto ao Curso de Iniciación Musical, está dirixido a nenos e nenas que naceron en 2018. Terá un enfoque lúdico. O prazo de matrícula permanecerá aberto entre o 23 e o 25 de abril e as prazas tamén son limitadas.

Etiquetas:
04/04/2025

A asociación cultural e xuvenil Ó Compás do Río Ouro organiza a primeira edición do Taller de Música na Semana Santa. Será na Escola de Música O Valadouro os días 14, 15 e 16 de abril. É para nenos e nenas con idades entre os 5 e os 10 anos.

É un taller de introdución á música a través de xogos, contos, manualidades, bailes e intrepretación de pezas musicais con instrumentos. Será impartido por Juana García Parga, mestra especialista en Educación Musical. O prezo é de 30 euros por persoa.

“Xa nos acercamos á Semana Santa e os máis peques da casa estarán de vacacións. Dende a nosa asociación organizamos para os días 14, 15 e 16 de abril (de 10:00 a 13:00 horas) o primeiro taller de iniciación á música para que poidan disfrutar da música a través de xogos, contos, manualidades, bailes,... Unha forma máis de aprender...

leer más