musica
O Concello de Xove decidiu ampliar o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música. Inicialmente remataba o 30 de setembro, pero agora non se fixou data de peche co fin de que todos os nenos e nenas e rapaces e rapazas poidan anotarse facilitándolle tamén ás familias as tarefas de inscrición.
Todos os alumnos e alumnas que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal, en horario normal de oficinas. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es. Unha vez que o alumno ou alumna se preinscriba terá que presentar, nos tres días seguintes, no Rexistro Municipal, a seguinte documentación: o DNI do alumn@ e da persoa que realice a inscrición e o comprobante de ter feita a transferencia bancaria de 50 euros, en concepto de matrícula por...
leer másAta o 30 de setembro estará aberta nas oficinas do Concello de Xove a preinscrición para o Curso 2020-2021 na Escola Municipal de Música. Todos/as alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario de oficina a formalizar a súa solicitude. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es. Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con todos os datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello. Esta ficha pódese obter no mesmo rexistro.
O día 1 de outubro farase público no taboleiro de anuncios do Concello o listado de novos admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2020/21. Unha vez que o alumno/a sexa admitido, para a formalizar a súa matrícula deberá entregar no Rexistro Municipal ou a través dos...
leer másO Concello de Mondoñedo presentou xunto con Manuel Fariña, presidente da Asociación Galega de Orquestras, e Mónica Barrreira, cantante da orquestra Principal, a programación alternativa de cultura e lecer para os vindeiros dous meses, que se desenvolverá durante todos os sábados, entre o 12 de setembro e o 17 de outubro, con todas as garantías sanitarias e sempre que o permita a evolución dos rebrotes.
Grazas á colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, promoverán o ciclo musical “Sons da Paula”, que pretende traer cada sábado un dúo musical, apostando por cantantes locais como Mónica Barreira e Silvia Campos, e tamén con artistas con tirón mediáticode orquestras como París de Noia ou FaniaBlancoShow, como é o caso de Diego Moreira ou Diego Barbazán, este último, concursante do programa da TVG “A Liga dos cantantes...
leer másO Concello de Barreiros pon en marcha unha variada oferta de actividades, dirixidas a todas as idades, e que se desenvolverán durante os meses de agosto e setembro.
Baixo o título de Barreiros Convídate, a programación ofrecerá este sábado, 15 de agosto, dentro do VII Festival Bal y Gay, a actuación do Quinteto Invento que presentará Pedro e o lobo ás 12:00 horas na praza do Concello.
O domingo 16 ás 13:30 horas na Praza do Souto, en San Miguel, haberá unha actuación de DK Band. O sábado 22 ás 20:30 horas en Celeiro de Mariñaos actuará Tumba e Dalle; o domingo 23 ás 20:30 horas, en San Bartolo, ofrecerá un concerto a Banda de Música de Foz; e o luns 24 ás 19:30 horas na Praza do Concello Charo Pita presentará A familia papaventos.
O 26 de agosto ás 22:00 horas, en San Xusto, haberá unha...
leer másO Concello de Viveiro, a través da Delegación de Cultura, presenta para este mes de agosto “De Ruada”. Trátase dun novo proxecto que aposta pola cultura e a música nas rúas e polo factor sorpresa como forma de evitar aglomeracións.
Este proxecto pioneiro, cuxo slogan é “Cultura de rúa para a xente das rúas”, tivo que aprazarse no mes de xullo polo rebrote de coronavirus na comarca da Mariña. Agora, Viveiro retoma De Ruada durante os sábados de agosto, recorrendo as vías de Viveiro, Celeiro e Covas. Con este novo formato de pasarrúas, preténdese que os veciños se atopen coa música por sorpresa nas rúas, garantindo así a distancia social.
Desde a Concellería de Cultura víronse na obriga de facer un novo calendario e aprazar os espectáculos de gran formato, como a Romaría de Naseiro, para o ano que ven, pero...
leer másA Deputada de Promoción do Territorio, Turismo e Réxime Interior, Pilar García Porto, e a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participaron en Foz na presentación da programación da VII edición do Festival Bal y Gay. Un acto ao que asistiu o presidente da asociación Xesús Bal y Gay, Enriquez Rodríguez Baixeras, a directora do festival, Alba Rodríguez, o Alcalde de Foz e Presidente da Mancomunidade da Mariña, Francisco Cajoto, o Director Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, a Alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, o Alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
García Porto arrancou a súa intervención facendo referencia a que este festival servirá como reclamo de altísima calidade para animar á xente e aos...
leer másO Concello de Mondoñedo colabora coa segunda edición do Festival de Música de Cámara MindoMúsica que patrocina a Consellería de Cultura e que comezou este luns 29 de xuño cos ensaios que se estenderán toda a semana ata concluír con tres concertos entre o venres 3 e o domingo 5 de xullo.
Este ano, atendendo ás actuais circunstancias derivadas da emerxencia sanitaria da covid-19, o festival adáptase para ofrecer tres mini-concertos dunha duración aproximada de 30 ou 40 minutos cada un a cargo dun grupo moi reducido: un cuarteto de corda.
O desenvolvemento deste festival respectará as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas en relación á prevención do coronavirus. Así, o aforo será reducido e o público deberá asistir con mascarilla despois de retirar as invitacións que xa están dispoñibles na Oficina Municipal de...
leer másO Teatro acollerá o domingo, 8 de marzo, o concerto do trío Metamorphoses, que se enmarca no proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explica que “o concerto do trío Metamorphoses, formado por Jean Johnson ao clarinete, Roeland Jagers á viola e Ilona Timchenko ao piano, actúa este domingo no Teatro de Ribadeo ás 20.00 horas e faino dentro do proxecto Xacobeo Musical polos Camiños de Santiago. Trátase dun ciclo promovido pola Asociación Peregrinos Musicais, en colaboración con Concellos como Nigrán, Sanxenxo ou Ribadeo e que conta tamén co patrocinio do Xacobeo 2021”.
A edil ribadense sinala que “o programa contén obras de Robert e Clara Shumann e de Max Bruch. A pesar de que o fundamento para este trío é a figura de Mozart, a formación é tamén unha grande...
leer másA Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de febreiro a partir das 20:30 horas na libraría Bahía, de Foz, un espectáculo literario musical a cargo de Ricardo Seixo e o grupo Maraxe. O acto consistirá na lectura de poemas do volume Na República da Intimidade, libro de versos onde se aborda a sexualidade e a problemática de xénero e na actuación do grupo de musica tradicional Maraxe, que interpretará diversas pezas de carácter popular.
Segundo o autor “na República da Intimidade é un poemario diferente na súa traxectoria que tenta rachar barreiras nas relacións entre humanos, que quere pór luz en espazos en que é habitual que haxa sombras que busca dar pulo ao facho da igualdade e o respecto e que arela que sexamos quen de abrazarmos a liberdade núa, sempre disposta a facer camiño na procura da felicidade”. Nesta liña Seixo...
leer másA compañía A Xanela do Maxín ofrecerá o sábado, 15 de febreiro, o seu espectáculo A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza no Auditorio Municipal de Burela.
Trátase dunha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega una nova maneira de descubrir este conto, premiado internacionalmente, que foi traducido a máis de 20 idiomas, publicado en 25 países e que se converteu nun éxito entre as crianzas dende a súa primeira edición no 1989. A función terá lugar na Casa da Cultura de Burela este sábado, día 15, ás seis da tarde.
A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza é unha obra que semella unha caixa de sorpresas, unha orixinal historia para gozar coa peripecia da Toupiña que unha mañá se atopou cunha caca na súa...
leer más