Escola

Etiquetas:
26/06/2024

Desde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2024/2025 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.

Desde a EMMeD indican que “no caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.

Etiquetas:
09/03/2024

O Concello de Barreiros ofrece unha nova edición do programa Escola de Familias, que volverá a ser impartida por Disciplina Positiva A Mariña e contará con 3 obradoiros que se desenvolverán mensualmente. O primeiro deles terá lugar o vindeiro 23 de marzo e tratará sobre o papel da familia na educación afectivo-sexual. O segundo versará sobre os modelos de relacións positivas e terá lugar o 27 de abril. E o terceiro e último obradoiro celebrarase o 25 de maio e afondará sobre o uso de internet e a sexualidade. As tres xornadas serán de 10:00 a 12:00 horas no centro sociocultural de San Cosme.

Estes obradoiros abordarán cuestións moi importantes na educación como son a igualdade, o respecto, a diversidade, a identificación e evitación dos abusos, as enfermidades de transmisión sexual, a autoestima e a autoconfianza.

... leer más
Etiquetas:
28/02/2024

A Escola Municipal de Música Arcadio Mon, de Foz, ofrece audicións desde este mércores, 28 de febreiro, ata o luns 4 de marzo. Todas elas terán lugar no salón de actos do Cenima ás 20:00 horas

O mércores será de piano, o xoves 29 de febreiro estará dedicada a vento metal e percusión, o venres 1 será de vento madeira e violín e o luns 4 rematarán con guitarra.

 

Etiquetas:
25/11/2023

A Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2024, de xaneiro a xuño.
  
A Inscrición para alumnos/as censados en Xove:
   Día: luns 4 e martes 5 de decembro.
   Horario: de 9:30 a 13:30 horas.
   Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfronte da Residencia da 3ª Idade).
 
A Inscrición para alumnos/as  de fóra de  Xove:
Día: luns 11 e martes 12 de decembro.
   Horario: de 9:30 a 13:30 horas.
   Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfronte da Residencia da 3ª Idade).

Etiquetas:
21/09/2023

Hoxe pola mañá, ás 10:00 horas no ximnasio do CEIP Pedro Caselles Rollán e ás 10:45 horas no ximnasio do IES Illa de Sarón, cinco  profesores da Escola Municipal de Música de Xove realizaron un pequeno concerto didáctico en cada un dos citados centros educativos.   

Con estes dous concertos abríronse as actividades do Curso 2023-2024 da Escola Municipal de Música de Xove. Os mesmos tiveron unha dobre finalidade: cultural, no senso de achegar a música aos nenos e rapaces e, por outro, promocional, xa que se aproveitaron para publicitar a Escola e animar aos alumnos destes dous centros a que se inscriban na Escola de Música, dado que a preinscrición inda non remata ata finais deste mes de setembro. 
 
Os concertos organízáronse coa colaboración do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

O vindeiro...

leer más
Etiquetas:
15/02/2023

O Concello de Barreiros, a través do seu programa +Igualdade Barreiros organiza a segunda edición doa Escola de Familias baixo o lema “ Educa,acompaña e alenta”. Estes obradoiros queren dar continuidade ao traballo comezado o pasado ano coas familias e que foi enormemente útil e satisfactorio para elas.

A Escola de Familias é un proxecto educativo baseado na Disciplina Positiva e que se centra na idea de formar ás familias e docentes para educar mellor ás crianzas, apostando por un trato respectuoso e amable pero evitando a permisividade.

A Concelleira de Igualdade, Montse Porteiro,explica que nesta segunda edición dos obradoiros poderán participar tamén as crianzas das familias inscritas de xeito que , por unha banda  tentaremos introducir métodos vivenciais para que as familias entren no mundo das e dos nenos...

leer más
Etiquetas:
18/10/2022

O vindeiro 7 de novembro arrincará o curso da Escola Municipal de Teatro da Pontenova. Será en horario de 20:30 a22:30 horas.

As persoas interesadas en acudir poden informarse xa no seguinte número de teléfono: 982 34 22 77 ou no email correo.apontenova@fegamp.gal

Etiquetas:
01/09/2022

Como en anos anteriores ata o 15 do presente mes de setembro, está aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Burela

Para formalizar a inscrición deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00-14:00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola

Durante este curso, como en anos anteriores, a Escola  de Música  traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.

Continuará aberta...

leer más
01/09/2022

Dende o 1 ata o venres 30 de setembro, ámbolos dous días  incluídos, vai estar aberta nas oficinas do Concello a  Preinscrición para o Curso 2022-2023 na Escola Municipal de Música de Xove. Tódolos alumnos/as que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal en horario normal de oficinas a formalizar a súa preinscrición. Tamén  poden realizar esa preinscrición   online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es.

Para realizar a mesma, hai que rexistrar unha ficha (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello; esta ficha pódese obter no mesmo rexistro. 

Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro  de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.022/23. Unha vez que o alumno/a...

leer más
Etiquetas:
04/07/2022

A partir del día 12 hasta el 27 de Julio, todos los niños y niñas tendrán la oportunidad a asistir a estas jornadas de captación, en las cuales podrán demostrar su mejor nivel para ser tenidos en cuenta por los entrenadores del club. 

Las categorías comprendidas en estas jornadas son, en primer lugar, alevín, infantil, cadete y juvenil femenino. En segundo lugar, infantil, cadete y juvenil masculino. Los jugadores o jugadoras menores de 18 años que se encuentren en esta franja, van a tener la posibilidad de darlo todo en las jornadas y si su actuación es destacable, podrán contar en la base del equipo la temporada que viene. 

Esta actividad primordial para el club, tiene como objetivo incorporar talentos a la escuela y dotar a la base de jugadores y jugadoras de calidad. 

Las jornadas...

leer más