
O Concello de Xove informa que do 2 ao 30 de setembro de 2025 permanecerá aberto o prazo de solicitude de matrícula para a Escola Municipal de Música de cara ao vindeiro curso 2025-26.
As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de solicitude, que poderá recollerse directamente no Rexistro do Concello ou ben descargarse da páxina web municipal www.xove.es. Unha vez cuberta, poderá entregarse no devandito Rexistro ou a través da Sede Electrónica adxuntando o impreso de solicitude cuberto.
Dado que as prazas son limitadas, dende o Concello recoméndase inscribirse canto antes.
O 6 de outubro publicarase o listado definitivo de persoas admitidas para o curso 2025-26 na Escola Municipal de Música de Xove.