Churrascada popular

22/05/2025

A asociación Xuventudes Chilindrinas organiza a segunda edición da súa churrascada popular en Celeiro (Viveiro) este sábado, día 24 de maio, para recadar fondos destinados ás festas patronais de Celeiro. Será na Casa do Forno a partir das 20:00 horas.

A cea estará amenizada polo grupo Espera que vou mexar, a partir das 22:30 horas haberá baile a cargo de Los Indecisos e para rematar a festa actuará Discomobil DMX.

A asociación Xuventudes Chilindrinas anuncia: “gran Churrascada Popular en apoio ás Festas de Celeiro 2025. Unha xornada para gozar entre amizades, familia e boa comida, co mellor ambiente do noso pobo. Por que vir?: churrasco do bo; música, sorteos e sorpresas; bo rollo asegurado. E todo por unha boa causa. A túa colaboración é clave para que as nosas festas sigan sendo inesquecibles. Ven, desfruta e...

leer más