Marcos Waldemar

18/02/2026

O mago Marcos Waldemar actuará en Ribadeo este venres, día 20 de febreiro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:30 horas.

O Concello de Ribadeo anuncia que “Marcos Waldemar presenta Inherente, o seu espectáculo máis persoal. Unha historia de maxia, legado e identidade onde vivirás o imposible a centímetros: cartomaxia, mentalismo, ilusións participativas. E din que incluso pode nevar. Un show familiar que emociona, sorprende e che fará mirar cara dentro. Atréveste a cruzar o espello?”.