
Burela acollerá este sábado, día 15 de novembro, o evento Ritmo pola esperanza, organizado pola Asociación Esperanza. A música e a ximnasia rítmica únense nunha cita para a loita contra o cancro, anuncia o Concello de Burela.
Actuarán a Escola de Ximnasia Porta Norte, os grupos Blood Skeleton e Desta Vai, de Burela, e tamén haberá algunha sorpresa. Ademais intervirá Jorge Barbazán García, investigador principal Laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET).
Será na Casa da Cultura de Burela desde ás 20:00 horas.


