Ximnasia Rítmica

10/05/2026

A trixésimo primeira edición do Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica disputarase o día 17 de maio, domingo, no Pavillón Municipal de Xove, en xornada de mañá e tarde.

Na presentación deste evento deportivo estiveron, Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove); Cristina Iglesias (concelleira de Deportes); e as adestradoras do Club Rítmica Xove Leticia Quintas e Claudia Vázquez.

“Unha xornada de rítmica na que se xuntarán arredor de 700 ximnastas de diferentes niveis deportivos”, anuncia o Concello de Xove.

09/05/2026

O pavillón Vista Alegre, de Burela, convértese este domingo, día 10 de maio, no escenario do 8º Torneo Interescolas de Ximnasia Rítmica da Liga Norte.

O Concello de Burela anuncia que “ao redor de 400 nenas de Galicia e Asturias participarán nesta xornada deportiva que enche o noso concello de talento, ilusión e espírito de equipo”.

E o club de ximnasia rítmica Porta Norte explica que “a xornada de mañá dará comezo ás 9:30 horas e a da tarde as 15:30. Agardámoste no pavillón Vista Alegre para disfrutar dunha marabillosa xornada de ximnasia rítmica con participantes de todo o norte de Galicia e Asturias”.

05/03/2026

O pavillón municipal de deportes acollerá este sábado, 7 de marzo, o XVIII Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Ribadeo, que reunirá a 700 participantes. O evento está organizado polo club local Escola Porta Norte e polo Concello, e conta coa colaboración de Acisa, Gadis, Deporte Galego, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Construcciones Metálicas Cotarelo. 

Nelly Bouso, directora técnica da Escola Porta Norte, comentou que “na cita contaremos coa participación de 700 ximnastas, todas procedentes da provincia de Lugo, así como un club convidado que ven de Pontevedra. A competición pola mañá dará comezo ás 10 e pola tarde ás 16:30 horas”. 

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent subliñou que “vai ser un sábado moi importante para Ribadeo no ámbito deportivo e para a súa dinamización hostaleira e...

leer más
11/11/2025

Burela acollerá este sábado, día 15 de novembro, o evento Ritmo pola esperanza, organizado pola Asociación Esperanza. A música e a ximnasia rítmica únense nunha cita para a loita contra o cancro, anuncia o Concello de Burela.

Actuarán a Escola de Ximnasia Porta Norte, os grupos Blood Skeleton e  Desta Vai, de Burela, e tamén haberá algunha sorpresa. Ademais intervirá Jorge Barbazán García, investigador principal Laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET).

Será na Casa da Cultura de Burela desde ás 20:00 horas.

29/05/2025

A trixésima edición do torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica celebrarase este domingo, día 1 de xuño.

Será no Pavillón municipal de Xove nestes horarios: de 10:30 a 13:40 e de 16:30 a 18:50 horas.

27/03/2025

Ribadeo acollerá este domingo, día 30 de marzo, o XXVII Torneo de Ximnasia Rítmica, que organiza o club local Escola Porta Norte e o Concello. O evento reunirá a preto de 700 ximnastas.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “a competición arrincará na primeira quenda a partir das 10:30 da mañá, na que competirán as ximnastas do nivel Interescolar. A partir das 12:30 a competición reanudarase coas ximnastas dos niveis Promoción e Pre-base. O torneo cerrarase coa competición Escolar na xornada de tarde, que dará comezo ás 16:30 horas”.

O edil ribadense dixo que “o torneo reunirá a unha gran maioría de clubs e escolas lucenses, aínda que tamén contará coa participación de clubs do resto de Galicia. A xornada pecharase sobre as 18:30 da tarde, coa participación de ximnastas nacionais de toda a...

leer más
13/03/2025

Este sábado, día 15 de marzo, Burela converterase na sede da I Fase Norte do VII Torneo Interescolas, unha competición que reunirá preto de 700 ximnastas procedentes das provincias de Lugo e A Coruña e da comunidade asturiana.

Nesta primeira etapa as participantes competirán co obxectivo de acadar as mellores puntuacións de cara á II Fase, que se celebrará o 17 de maio en Negreira. E os equipos mellor cualificados en ambas fases obterán a clasificación para a final, que terá lugar en Ourense o 28 de xuño.

O evento está organizado pola Escola Porta Norte, club local que competirá cun total de 50 ximnastas na modalidade de conxuntos, e conta coa colaboración do Concello de Burela.

A xornada de competición iniciarase pola mañá ás 9:30 horas e continuará pola tarde a partir das 16:30 horas,...

leer más
08/11/2024

O día 23 de novembro, sábado, disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a segunda edición do Trofeo de Niveis de Patinaxe Artística A Mariña.

As Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá anuncian: “o 23 de novembro tedes unha cita coa sección de patinaxe das escolas, no pavillón de Lourenzá, en horario de mañá (10:00h-14:00h) e de tarde (16:00h-20:00h). Este ano é moi especial xa que temos representación de moitos lugares de España, sendo un total de 105 participantes”.

Os equipos asistentes son: ACD Xove, Club Anca, Rodando Corrales, Rodando Polanco, CP Langreo, CP Castrillón, CP Renedo/Cigales, Escola Lubiáns, CP Fervello, CP Enxebre e ED Lourenzá.

“Estamos moi agradecidos a tódolos participantes e, como non, aos establecementos colaboradores e patrocinadores, posto que sen eles...

leer más
18/04/2024

Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga Provincial de Ximnasia Rítmica nos niveis escolar, promoción e prebase. Trátase dunha das citas máis importantes da ximnasia na provincia de Lugo, e contará con preto de 600 ximnastas participantes. Terá lugar este domingo, día 21 de abril. O equipo comarcal, a Escola Porta Norte, que conta cunhas 70 ximnastas en Burela, participará en todos os niveis da competición.

"Dende o Concello de Burela sempre apostamos polos eventos deportivos de nivel, como é o caso desta competición", sinala a alcaldesa Carmela López. A rexedora quixo "dar todo o noso ánimo ás ximnastas da Escola Porta Norte, que de seguro lograrán excelentes resultados nesta cita".

Na mañá do domingo disputaranse as competicións do nivel Promoción nas modalidades de Conxuntos e...

leer más
25/03/2022

Preto de 800 ximnastas se darán cita esta fin de semana en Ribadeo. O sábado celébrase o 4º Torneo Interescuelas Fase Norte de Ximnasia Rítmica e o domingo terá lugar o XXV Aniversario do Torneo Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. Os eventos deportivos foron presentados este mediodía no salón de plenos do Concello polo alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, Nelly Bouso da Escola Porta Norte, que é o club organizador, e Iván López, técnico de Deportes.  

Nelly Bouso contou que “o sábado celebramos o 25 aniversario do Torneo do Concello de Ribadeo de Ximnasia Rítmica. Este ano é unha edición especial porque xa que son 25 anos non quixemos deixar de organizalo a pesar das circunstancias porque queríamos celebrar coas nosas compañeiras que levan estes 25 anos vindo. Seguir celebrando isto, que para nosoutros é...

leer más