Ximnasia Rítmica
Ribadeo acollerá mañá, sábado, o 3º Torneo Inter Escolas de Ximnasia Rítmica na súa fase norte. No campionato daranse cita unhas 120 ximnastas de 6 clubs da provincia de Lugo e da Coruña. O evento, organizado polo Club Marusia coa colaboración do Club Porta Norte de Ribadeo, dará comezo ás nove e media da mañá e terá lugar no pavillón municipal.
A responsable do Club Porta Norte, Nelly Bouso, explicou que “é unha parte do torneo Inter Escolas, que se realiza entre todos os clubs de Lugo. Compiten as nenas do nivel máis baixo de competición das escolas, as nenas que se inician neste deporte. O que celebramos nesta ocasión é a fase norte, compiten as ximnastas da provincia de Lugo e da Coruña. Aproximadamente van participar unhas 120 ximnastas. Están divididas en tres quendas de competición para non superar os aforos e cumprir así o...
leer másMañá, 17 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIV TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.
O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 16:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de 9 equipos: as Escolas Municipais de Xove, Vilalba e Castro, o C. Porta Norte de Burela/Ribadeo, o C. Filigrana de Lugo, o C. Ximnasia de Viveiro, o C. Ximnasia Areoura de Foz, o C. Violeta de Baamonde, o C. Abrente de Pontevedra e o Club Xirandela de Sarria.




