Tradigalu

16/01/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición de Tradigalu, programa que levará actuacións de grupos de música tradicional, bandas e corais polas distintas comarcas da provincia.

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que “ten como principal obxectivo promover e difundir a música popular e tradicional, fomentando a súa presenza nas programacións musicais e culturais por todo o territorio da provincia.

A deputada de Cultura, Iria Castro, lembrou que “en 2025 Tradigalu permitiu programar máis de 300 actuacións, consolidándose como unha das principais vías de apoio á actividade de asociacións veciñais e culturais en parroquias e concellos de toda a provincia e tamén un importante soporte para o tecido asociativo da música tradicional, decenas de agrupacións que participan...

leer más