Románico

Etiquetas:
17/05/2025

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou nos xardíns do Pazo de San Marcos a quinta edición do Coñece o románico da provincia de Lugo, o programa da Deputación de rutas gratuítas guiadas polo patrimonio lucense. Un acto no que estivo acompañado por deputados e deputadas e tamén alcaldes e concelleiros e concelleiras dos municipios polos que van discorrer estas rutas. “Unha cita xa consolidada na nosa programación turística, que ano tras ano confirma o interese, a curiosidade e o orgullo que sentimos pola nosa historia e polo noso patrimonio”, valorou o mandatario provincial.

“Estas rutas non son só unha actividade turística. Son, sobre todo, unha oportunidade para redescubrir o noso territorio con outros ollos”, apuntou Tomé Roca, quen argumentou que “moitas veces buscamos experiencias a centos ou miles de quilómetros...

leer más
Etiquetas:
10/05/2024

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou na Catedral de Lugo, nun acto aberto ao público, a cuarta e última guía do románico editada pola institución provincial para difundir e poñer en valor este patrimonio na provincia, dedicada ás comarcas de Lugo, A Terra Chá e A Mariña. Un libro que, tal e como explicou José Tomé, vén a completar o proxecto editorial que iniciou a Deputación no ano 2021 con publicacións sobre este tipo de arte no conxunto da provincia. 

Na presentación, o Presidente estivo acompañado polos deputados provinciais PabloRivera Capón e MarisolMorandeira; o Vicario xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e tamén alcaldes e alcaldesas das comarcas de Lugo, A Mariña e Terra Chá.

“Cando presentamos este proxecto, faciámolo convencidos...

leer más
27/04/2023

A Deputación de Lugo lanza a terceira edición do programa de actividades gratuítas con motivo do Día da Transrománica, que se celebra o 9 de maio. Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas do mes de maio. 

As visitas faranse os días 6, 7, 9, 13 e 14 de maio eestarán dirixidas por un guía oficial de turismo. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas, polo que no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas.

As inscricións poderán facerse na webhttp://inscricions.deputacionlugo.orgdendeeste mesmo venres, 28 de abril,ata completar o aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo...

leer más