Patrimonio
Dende Mariña Patrimonio están a organizar para o próximo 24 de marzo unha visita polo patrimonio de Friol. Está previsto visitar, acompañados por Brais Rodríguez Romero, a medorra de Narla, o dolme da Moruxosa, a feira do queixo e o pan de Ousá e maila fortaleza de San Paio de Narla. Despois do xantar os asistentes achegaranse aos petroglifos da Pena Castrexa e ás igrexas de Carlín e Trasmonte.
O desprazamento farase en bus, que sairá probablemente ás 8.00 horas de Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Friol. debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, podería ser modificado en función da procedencia das persoas participantes.
O prezo total da actividade será de 30 euros; 15 euros polo bus e 15 euros polo xantar. As persoas non socias asumirán un custo adicional de 10 euros.
... leer másMariña Patrimonio organiza unha visita a Castroverde o 28 de outubro. Inscrición aberta ata o día 24
Mariña Patrimonio está a organizar unha visita polo patrimonio do concello de Castroverde para o vindeiro 28 de outubro. Nesta saída está previsto visitar, en xornada de mañá, os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade e maila ermida do Carme. “Se queda tempo antes do xantar, achegariámonos ata Tórdea para visitar a igrexa prerrómanica. Tralo xantar, en xornada de tarde, faremos un curto paseo para visitar Soutomerille antes do regreso”, explican desde a organización.
A data límite para apuntarse remata o martes 24. O itinerario do autobús vai ser, probablemente, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Castroverde debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, este itinerario podería verse modificado en función da procedencia das persoas participantes.
As persoas...
leer másDende Mariña Patrimonio explican: “viñemos organizando visitas nos últimos anos polos diferentes concellos da Mariña. Estas visitas permitíronnos coñecer un valioso patrimonio ao que sería máis difícil acceder sen este tipo de actividades. Unhas actividades que foron acollidas con interese durante todo este tempo por un bo número de persoas”.
E subliñan: “da Mariña só nos queda por achegarnos ao concello de Barreiros, co que pecharemos o ciclo das visitas que tiñamos previsto realizar. Debido a que se trata da última excursión desta serie, queriamos que fose algo especial. Por iso, pareceunos unha boa idea organizar esta visita para o 10 de xuño, data na que os nosos amigos e compañeiros da Irmandade Augas Santas Sto. Estevo do Ermo de Barreiros organizan o X Festival Augas Santas, coa súa festa gastronómica do porquiño ao espeto”.
... leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 13 de maio, unha visita polo patrimonio de Riotorto. Está previsto achegarse en xornada de mañá á mina romana da Muxueira, ás igrexas de San Pedro e Santa Marta e á casa Moirón. Tralo xantar visitarase o obradoiro dun ferreiro e a parroquia de Órrea.
A data límite para apuntarse remata o martes 9 de maio. Cómpre apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.
Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Riotorto pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio....
leer másA Deputación de Lugo lanza a terceira edición do programa de actividades gratuítas con motivo do Día da Transrománica, que se celebra o 9 de maio. Son 16 rutas guiadas gratuítas polo patrimonio románico da provincia que se desenvolveran ao longo de cinco xornadas do mes de maio.
As visitas faranse os días 6, 7, 9, 13 e 14 de maio eestarán dirixidas por un guía oficial de turismo. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas, polo que no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas.
As inscricións poderán facerse na webhttp://inscricions.deputacionlugo.orgdendeeste mesmo venres, 28 de abril,ata completar o aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo...
leer másMariña Patrimonio organiza unha actividade para o próximo sábado, día 1 de abril, co fin de coñecer o patrimonio de Trabada. En xornada de mañá, está previsto achegarse ao marco da Pena Verde, ás mámoas das Pallaregas e visitar a Igrexa de Vilapena e mailo Museo Etnográfico de Rocha, en Trabada. Tralo xantar, no mesón Camiño Norte de Trabada, visitarase a igrexa de Sante e finalmente rematará a xornada cunha visita a un obradoiro dunha ceramista local.
A data para apuntarse rematou xa, pero se algunha persoa máis quere participar, comuniqueo o antes posible a mr.patrimonio@gmail.com para facilitar a organización da actividade. O itinerario do autobús será, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Trabada.
Para máis información e coñecer os...
leer másMariña Patrimonio organiza para o próximo sábado, 10 de decembro, unha visita polo patrimonio do Xove. Nesta saída contarán coa colaboración de Lucía Meitín, especialista en cultura e patrimonio do concello de Xove, e de Antón Niñe, gran coñecedor do patrimonio relixioso da comarca da Mariña. Está previsto visitar en xornada de mañá a Igrexa e o Pazo da Rigueira, a Igrexa de Xuances e San Tirso; e en xornada de tarde, a aldea de Morás, “onde escoitaremos falar das tradicións de Xove”, explican desde a organización.
E engaden: “aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 6 de decembro , cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Xove, pódese...
leer másMariña Patrimonio organiza unha conferencia que leva por título "Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña". Nela farase unha presentación dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía, da empresa Ab origine Antropoloxía S.L.L.
O proxecto de investigación foi promovido pola Asociación Mariña Patrimonio con fin de inventariar parte do rico patrimonio inmaterial dos concellos da Mariña como paso previo para a solicitude da súa futura catalogación e inclusión no inventario oficial da Xunta de Galicia.
A charla terá lugar este venres, 21 de outubro, ás sete da tarde no Museo Histórico de Sargadelos.
Mariña Patrimonio organiza para o próximo sábado, 1 de outubro, unha visita polo patrimonio do Valadouro, que terá como fío condutor os cultos precristiáns á fertilidade. Nesta saída a organización contará coa colaboración do dramaturgo Xesús Pisón, que fará de guía durante todo o percorrido. Está previsto visitar, en xornada de mañá, a Igrexa de Santa Cruz, a Igrexa de Bacoi e o Pazo de Carrocide (Lagoa) e, en xornada de tarde, a capela de Santa Filomena (O Cadramón) e a Pedra Abaladoira (O Pereiro).
Aínda que a data límite para apuntarse remata o 27 de setembro, cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita ao Valadouro, pódese consultar o blog de Mariña...
leer másAdega organiza os días 13 e 14 de novembro unhas xornadas sobre o legado patrimonial e ambiental dos muros tradicionais no Concello de Muras.
Sábado 13 de novembro (Concello de Muras):
09.00 Saída do autobús dende Maxisterio (Lugo)
10.30 Seminario no Local Social (Rúa Enrique Guzmán, Muras) “Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados, na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño”.
- Mercedes Máquez, Grupo de investigación da escola galega da paisaxe Fundación Juana de Vega
- Ricardo Polín, Doutor e investigador dos camiños históricos
- Xoán Ramón Vidal Romaní, Instituto universitario de xeoloxía da UDC
- Ramsés Pérez, ADEGA
12.30 Roteiro interpretativo.
15.00 Xantar de convivio no local Social
17.00 Volta do autobús
Domingo 14 de novembro (Concello de...