
O percorrido guiado por Ana Pena permitirá aos participantes conectar o camiño do Foxo co paseo litoral visitando os recunchos máis salientables como a curiosa "Tableta de Chocolate". Os asentamentos castrexos, os obxectos atopados e a importancia que tivo e ten Cabo Burela, será outro dos puntos fortes da mañá.
Ana Pena sinala que “se trata dunha boa oportunidade para coñecer o patrimonio de Burela, que ademais estará en festas coincidindo ese día coa confección das alfombras florais”.
O paseo circular de 4,5 km comezará ás 11:00 da mañá. As persoas interesadas deben anotarse no 654 99 68 57. A visita ten un custo de 10€ para os maiores e 5€ para os pequenos.