Comedia

17/06/2024

A Escola Municipal de Teatro da Pontenova presentará na Casa da Cultura da localidade a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” o sábado 22 de xaneiro ás 21:00 horas.

Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.

Etiquetas:
22/05/2024

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá a representación de Go Home, da man de Etiqueta Negra. Será a partires das 20:30 horas. O elenco artístico está formado por  Josito Porto e David Amor

Go Home conta a historia de David, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que David gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa. 

Go Home é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha...

leer más
Etiquetas:
11/05/2024

O coñecido actor galego Touriñán ofrecerá o seu monólogo Aquí Tou! no auditorio municipal de Ribadeo o día 1 de xuño, sábado, en dúas sesións: ás 20:00 e ás 22:30 horas. Anunciouno a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, quen destacou que “ata agora a xira deste espectáculo de Touriñán só estivo nas grandes cidades e con moito éxito. Por iso estamos encantados de recibilo en Ribadeo”.

A edil ribadense contou que “neste monólogo Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de...

leer más
Etiquetas:
12/03/2024

Redrum Teatro presenta a obra titulada #2pilgrims, con Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, en Burela este venres, 15 de marzo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas e as entradas teñen un prezo de 4 euros.

O Concello de Burela explica que é “unha comedia chea de sorpresas e momentos hilarantes que ten como obxectivo achegar, a través do humor, unha fonda reflexión sobre a igualdade e as novas masculinidades”.
 
“Queremos convidar ao público novo a reflexionar sobre o machismo que impregna a nosa sociedade”, sinalan dende a compañía. Por esta razón a obra forma parte da programación do Concello de Burela polo Día da Muller.

Redrum Teatro foi creada no ano 2009 por mozos e mozas procedentes do sector audiovisual e nace coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ao desenvolvemento da...

leer más
Etiquetas:
18/02/2024

Xa están á venda as entradas para ver a Roberto Vilar en Burela o vindeiro 9 de marzo co espectáculo Celebreixon. Podenb adquirirse en ataquilla.com

O xovense celebrará 30 anos pintando a mona na televisión presentando e acercando o seu humor ao público nunha sorprendente xira por Galicia. Trátase dun espectáculo cheo de risas e moitas sorpresas.

Celebreixon está programada para o 9 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

Etiquetas:
13/02/2024

Será a partires das seis da tarde no Teatro Pastor Díaz. O elenco artístico está formado por: Fran Lareu, Hector Martínez, Elena Seijo, Fernando Dacosta e Sabela Gago

Os animais sofren a peste e, crendo que é un castigo do ceo, buscan un culpable entre eles para sacrificalo. Con ese fin, acordan unha “asemblea xeral” onde cada un confesará as súas faltas. A súa principal fonte é a fábula “Os animais apestados” de La Fontaine e o seu argumento expón, no símil entre as actitudes dos animais e os humanos; a confesión pública dos pecados de cada un para librarse dunha epidemia de peste que arrasa o país e que se interpreta coma un castigo divino. Neste proceso público quedan desenmascarados os hipócritas e aduladores, o poder despótico. onstitúe unha boa crítica da inxustiza que supón a administración da xustiza cando protexe ao poderoso aínda...

leer más
Etiquetas:
12/01/2024

O grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a comedia titulada “O Covid do Mariñán” no salón de actos do Concello cervense este sábado, 13 de xaneiro, ás 20:30 horas.

A entrada para asistir a esta actividade cultural do Concello de Cervo é libre.

Etiquetas:
07/01/2024

Touriñán e Perdomo chegarán á Casa da Cultura, de Burela, o 3 de febreiro en dobre función: ás 20:00 horas e ás 20:30 horas. As entradas xa están á venda en corentena.gal 

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo.

Agora, e baixo o título de Corentena, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia.

En Corentena os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se...

leer más
Etiquetas:
22/11/2023

O venres, día 24, será tempo para o teatro afeccionado do Bordelo, que porá en escena O covid do mariñán, con entrada de balde ata completar aforo. A función dará comezo ás 20:30 horas. Trátase dunha comedia. Para todos os públicos.

Sinopse: A causa da pandemia, o protagonista desta historia desapareceu durante dous anos, retornando desorientado ante o asombro da veciñanza. A nova concepción de vida que trae consigo aposta por resolver os problemas da sociedade con novos enfoques e valores que os demais non acertan a comprender. O conflito entre un e outros leva á reflexión, saíndo a relucir verdades que queiman e asfixian á colectividade. Esta comedia ten a intención de activar os valores que dun tempo a esta parte foron perdendo o seu lugar na civilización. Porque para acadar o que se quere, non todo vale.

E o...

leer más
Etiquetas:
06/11/2023

A compañía Teatro do Miolo, de Lugo, representará a obra Saíndo do Cerco na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, 11 de novembro, ás 20:00 horas. A entrada é gratuíta.

Saíndo do Cerco, escrita por Guillermo Cancelo, é unha comedia para todos os públicos.