
Dentro da súa Xira do Cuarto de Século o cómico Pepo Suevos chega a Ribadeo para celebrar os seus 25 anos enriba dos escenarios. Actuará no auditorio municipal Hernán Naval este sábado, 27 de setembro, ás 20:30 horas, con entrada libre.
“Un espectáculo único para rir, sorprenderse e gozar coa mellor comedia galega”, anuncia o Concello de Ribadeo.