Talía Teatro representará “Desexo” este sábado, 8 de febreiro, en Viveiro

Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. A duración desta comedia é de 70 minutos. 

Sipnose: Que é o que máis desexas nesta vida? Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo? Ata onde chegarías para conseguilo? Amosarías detalles íntimos da túa vida? Ensinarías o teu corpo por diñeiro? Que farías para evitar que a túa parella te deixara? E para conseguir seguidores?

Desexo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.

É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.

A reserva de entradas polo realizarse de luns a xoves no teléfono 982560162, en horario de 9 a 14:00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na billeteira do teatro 1 hora antes da función.