narración oral

03/09/2026

O Concello de Cervo, coa colaboración de Tarabela Creativa, pon en marcha este venres, día 4 de setembro, a segunda edición do Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco.

Esta nova edición que percorrerá diferentes parroquias do municipio durante os venres de setembro, con historias para público infantil e adulto e unha gran gala final, anuncia o Concello de Cervo, que dá a coñecer o programa de actividades.

Este venres 4 ás 17:00 horas nas Escolas Vellas de Rúa, dentro do Programa Regato (para público infantil) Pablísimo ofrecerá Cabicivai; e ás 20:30 horas no Local Social do Burgo de Trasbar, dentro do Programa Río (para público adulto) estarán Ángeles Goás e Vero Rilo, con Contos colorados.

O 11 de setembro ás 17:00 horas no Local Social da Senra, dentro do ...

leer más
28/07/2026

O Concello de Cervo volverá apostar este próximo mes de setembro polo Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco, que celebrará a súa segunda edición, “mantendo a esencia e o formato que converteron esta proposta nun éxito entre o público”. Durante os venres do mes de setembro diferentes espazos e parroquias do municipio volverán encherse de contos, historias e tradición oral da man de destacados profesionais da narración oral galega, con sesións pensadas tanto para o público infantil -sesións regato- como para o adulto -sesións río-, rematando cunha gran gala final”.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou durante a presentación na que estivo acompañada de Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, que “este festival naceu coa vontade de achegar a cultura a todos os recunchos...

leer más
23/09/2025

O Concello de Cervo anuncia que o peche do Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco chega este venres, día 26 de setembro, ás 22:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

“Durante todos os venres de setembro gozamos dun festival itinerante que levou contos e historias a diferentes parroquias e locais sociais de Cervo, grazas á colaboración das asociacións veciñais e á proposta orixinal de Tarabela Creativa. Agora chega o momento da gran gala final con Carmen Conde (Embaixadora do Río Cobo), Caxoto (Embaixador do Río Xunco) e as regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, regueifando cada unha en representación dun río. O público decidirá co seu aplauso que río gañará esta viaxe de narracións e tradición oral. O noso agradecemento a todas as persoas e colectivos que fixeron posible este mes cheo de cultura, memoria e...

leer más
26/08/2025

O Concello de Cervo vén de presentar o Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco, que se celebrará ao longo do mes de setembro, cada venres, en distintas parroquias e lugares do municipio. Na presentación participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés, e Carmen Conde e de Diego Gallego, en representación da compañía Tarabela Creativa, de quen partiu a idea orixinal da proposta.

O Concello de Cervo explica que “De Cobo a Xunco toma o nome dos dous ríos cervenses, o Cobo e o Xunco, que percorren o municipio ata atoparse co mar, simbolizando o camiño compartido das historias que unen ás persoas e á cultura local. Este festival pretende programar a grandes profesionais da narración oral galega para o publico infantil e adulto, e crear unha competición sa entre ambos ríos nunha gala final que se celebrará no auditorio da...

leer más
02/07/2025

Alfoz acollerá os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado, dúas funcións do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que se celebra en 25 sedes galegas. Son en galego e para público adulto.

Este venres, día 4 de xullo, ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz Dani Blanco & Zé Pomar presentan Contos de revolución. De Brassens a Neira Vilas. “Un espectáculo de narración e música no que unha simple bolboreta pode desencadear unha revolución. Dende a memoria de Neira Vilas ata os ecos de Brassens, viaxaremos por París, Berlín ou Bos Aires nun relato poderoso e emocionante sobre a forza da palabra e a música”, explica o Concello de Alfoz.

E o sábado 5, tamén ás 21:00 horas na Casa da Cultura Carmen Conde trae O que non estaba escrito. “Carmen leva dúas décadas recollendo historias de...

leer más
02/07/2024

Alfoz acolle dous espectáculos do festival de narración oral Atlántica esta semana, o venres 5 e o sábado 6. Ambos serán no Castelo de Castrodouro ás 21:00 horas con entrada gratuíta.

O venres a compañía en Branca e Negra, formada por Amor Herrera e Cris de Caldas, ofrecerá unha proposta para adultos heteroxénea e composta por elementos da narración oral, do teatro e da música en directo; un espectáculo que lles rende homenaxe ás persoas migrantes, ás de antes e ás de agora. Nesta función levaran ao público de viaxe no espazo e no tempo a través de historias de migracións, sabedoras da importancia de non perder a memoria e da riqueza da diversidade cultural. As dúas pensan que rememorando o pasado, entenderase mellor o presente e respectarase o futuro porque hai historias e contos que teñen billetes de ida e de volta, coma a vida mesma....

leer más