A gala final do festival de narración oral do Concello de Cervo será este venres, 25 de setembro

Este venres, día 25 de setembro, poñerase “o broche de ouro á segunda edición de De Cobo a Xunco, o Festival de Narración Oral do Concello de Cervo. Despois de varias semanas enchendo diferentes espazos do municipio de historias, contos e moito humor da man de grandes narradores e narradoras, chega o momento de celebrar xuntos esta gran festa da palabra”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “nesta gala final, dirixida ao público adulto, contaremos con Oswaldo Digón e Víctor Grande, e con Carmen Conde e Felipe Díaz Valle Caxoto, como Mestres de cerimonia mal levados”. Será ás 21:00 horas no salón de actos do Concello de Cervo.

O Concello de Cervo agradece “a todas as persoas que fixeron posible esta edición, aos artistas, colaboradores e, especialmente, ao público que se achegou a cada unha das propostas e fixo medrar este festival. Agora só queda poñer o broche final … Animádevos a vir e desfrutar dunha noite de narración, humor e moitas historias!”.