Cursos
21/09/2016
O vindeiro 3 de outubro darán comezo os cursos de manualidades, que organiza o Concello barreirense a través do departamento de Servizos Sociais.
Os cursos impartiranse os luns e os venres de 15:30 a 19:30 horas no canteiro en San Pedro. Os mércores de 15:30 a 19:30 horas no local social de San Xusto e os xoves no mesmo horario, de tres e media a sete e media da tarde, nas escolas en Celeiro de Mariñaos.
Segundo sinalan desde Servizos Sociais “para asistir non é necesario inscribirse previamente, chega con acercarse ao lugar no que se imparten os días sinalados”.
19/09/2016
O Torreón de Vilanova de Lourenzá acollerá clases de ESO para adultos e tamén para preparar o exame de Competencias Clave N_2 da convocatoria do vindeiro ano 2017.
En canto ás clases de ESO destinadas a adultos no curso 2016-2017 para obter o título oficial da Xunta de Galicia, o horario será de tarde-noite para os que traballan e comezarán o 17 de outubro, luns.
E para a preparación do exame de Competencias Clave N_2 na convocatoria de 2017 as clases empezarán o 18 de outubro, martes.
Nos dous casos as inscricións poden facerse polas mañás na Casa do Concello de...
leer más 26/07/2016
A Piscina Municipal de Alfoz acolle este verán cursos de natación dirixidos a nenos e adultos.
A duración dos cursos é de 1 mes e desenvólvense en horario de mañá de luns a xoves. Os luns e mércores para os adultos, e os martes e xoves para nen@s. Os horarios son ás 12:00 horas para iniciación, 12:45 horas para nivel medio e 13:30 horas no nivel avanzado tanto no caso dos adultos como dos nen@s.
A inscrición é de balde e pode facerse na propia Piscina Municipal de Alfoz.
23/05/2016
A Fundación Ortegalia organiza un curso titulado "Da semente á cociña" para o 11 de xuño. O horario é de 10:30 horas a 13:30 horas e o prezo de 3 euros. Trátase dunha visita guiada por Quique Fojón Caruncho a unha finca de horta natural en Couzadoiro.
No curso farase a presentación e identificación das instalacións e elementos que acompañan a unha finca agrícola. Ademais abordarase o proceso agrícola coa sementeira, o aboado, o transplante, o coidado das plantas e a recollida de hortalizas. As prazas son limitadas.
Por outra banda, esta fundación organiza a VII edición do Curso de Supervivencia no medio natural. Éste terá lugar os días 17, 18, 19, 20...
leer más 23/05/2016
Academia A Mariña impartirá nuevos cursos de aplicador de productos fitosanitarios en Ourol, Burela, Verín y O Vicedo.
En Ourol dicho curso tendrá lugar los días 27 y 28 de mayo y también 3 y 4 de junio. En Burela y en Verín las fechas de celebración serán 10, 11, 17 y 18 de junio. Y en O Vicedo se realizará los días 1, 2, 8 y 9 de julio.
Las personas interesadas en reservar plaza pueden hacerlo a través del siguiente número de teléfono: 982 58 50 98.
Desde Academia A Mariña, su director, Ramón Hermida recuerda que “desde el 26 de noviembre del pasado año, los...
leer más 26/04/2016
En maio seguirán os micro talleres da Axenda das Tecnoloxías de Primavera do Concello. En total vanse impartir catro cursos. As Concellarías de Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local subliñan que o programa está a ter moi boa acollida, xa que durante o presente mes de abril foron 56 as persoas que asistiron aos obradoiros impartidos.
Neste mes de abril as Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo puxeron en marcha o programa da Axenda das Tecnoloxías de Primavera coa súa Factoría Dixital.
Segundo explicas desde as Concellarías organizadoras “esta axenda dixital que rematará en xuño, inclúe píldoras...
leer más 03/04/2016
Este 4 de abril ábrese no CIM o prazo de inscrición para participar nas seguintes actividades: ximnasia preventiva, escola de columna, risoterapia e talle de ximnasia mental Axilmente, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais.
O horario para notarse no CIM, situado na Casa do Concello, será de luns a venres de 8 a 15 horas.
A edil Patricia Otero explicou que “o venres tivo lugar a firma do contrato de programas especializados de Servizos Sociais de Burela, entre a propia entidade local e a empresa adxudicataria do procedemento aberto realizado para proceder á súa selección. Deste xeito conseguiuse unha rebaixa no prezo de adxudicación do...
leer más 30/03/2016
O Concello da Pontenova organiza en colaboración coa empresa Game Sport diversas actividades en distintas parroquias do municipio.
Éstas comezarán o 1 de abril e serán talleres de memoria e manualidades básicas e ximnasia de mantemento. Terán lugar na Escola de Villaodrid os xoves e venres de 15:00 a 16:00 horas, na Escola de Xudán os luns e mércores de 15:00 a 16:00 horas, e no Local Social Polideportivo Rececende os luns e mércores de 15:00 a 16:00 horas.
Os destinatarios son persoas maiores de 50 anos e o prazo de inscrición estará aberto durante toda a actividade.
...
leer más 14/03/2016
A Asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá abre o prazo para anotarse nos diferentes cursos que organizará nas vindeiras semanas.
O primeiro deles comezará despois da Semana Santa e será de bordado. Terá lugar os mércores de 16 a 19 horas, durará trinta horas e o seu custe será de 30 euros. Estará impartido por Marina Abad.
No mes de abril haberá dous cursos, un de bolillos e outro de restauración de mobles. O de bolillos que impartirá Mari Luz Balea, durará trinta horas e custará 20 euros. O de restauración de mobles, que impartirá Esther de La Herencia, durará tamén trinta horas e o seu custe será de 50 euros.
... leer más 08/03/2016
Ata o vindeiro 21 de marzo estará aberto o prazo para solicitar praza nos cursos de labores que se impartirán no ArMarinho da Fátima en Burela (Rúa do Ril, 4). Os luns haberá calceta, os martes bordado, os mércores bolillos, os xoves vainicas e os venres ganchillo. Os horarios dispoñibles de luns a venres serán de 11 a 13 horas e de 17 a 19 horas no ArMarinho da Fátima. En todo caso procurarase traballar en pequeno grupo e adaptar os horarios ás posibilidades dos participantes.
As persoas interesadas en asistir poden atopar máis información e inscribirse no seguinte número de teléfono: 659737312