A Aula CeMIT de Burela impartirá sete novos cursos ao longo do mes de outubro para adultos e nen@s.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela iniciará sete novos cursos de formación informática.

O vindeiro luns, 2 de outubro, comeza o curso de Iniciación á informática, dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade desenvolverase durante 8 días, rematando o día 11, en horario de 09:30 a 11:00 horas. 

Tamén o día 2 se estrea o curso de Iniciación a internet, que está dirixido a todas as persoas interesadas en introducirse no marabilloso mundo da información que é internet. Este curso estendese ata o día 13 en horario de 11:00 a 12:30 horas.

O venres, 6 de outubro, haberá unha charla para dar a coñecer as aplicacións móbiles máis útiles para as viaxes. Ademais de descubrir novos lugares coas ferramentas xeográficas de Google.  O horario desta actividade é de 11:00 a 12:30 horas.

O 13 de outubro terá lugar unha conversa ás 11:00 da mañá sobre o uso do móbil para coidar a saúde, pedir cita médica online, utilidades e funcións dos novos reloxos intelixentes.

O 16 de outubro iniciase o curso de Retoque fotográfico dirixido a calquera persoa que queira adquirir nocións básicas sobre o retoque fotográfico e a fotomontaxe con axuda do programa Gimp. Esta actividade remata o venres 27 e o seu horario será de 09:30 a 11:00 horas.

Durante os días 23 e 26 do mes de outubro impartirase un curso de Correo electrónico, onde se tratarán aspectos relacionados coa creación e administración de contas de Gmail. O horario desta actividade será de 11:00 a 12:30 horas

E finalmente o 29 de outubro impartirase unha clase para Aprender e compartir información en Blogs e Foros. Coñecer a fondo a rede social Facebook. En horario de 11:00 a 12:30 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades as persoas interesadas poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/ ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.es