Gratis

Etiquetas:
04/10/2022

A compañía compostelá Os Monicreques de Kukas (Premio Galicreques 2021, Premio da Crítica de Galicia 2020, Premio da Cultura Galega das Artes Escénicas 2019 e Premio Xiria 2019) representará "Don Gaiferos" na Casa da Cultura de Burela o 29 de Outubro ás 19:00 horas. 

"Don Gaiferos" é un espectáculo de teatro con monicreques de fíos e música en directo que partindo do romance popularizado por Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do fólclore galego conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Don Gaiferos de Mormaltan ata chegar a Compostela. Nesa viaxe atemporal ao longo do Camiño atopárase con personaxes representativos do mesmo e con peregrinos e peregrinas procedentes de diferentes partes do mundo, así como os xigantes e cabezudos do Corpus de Lugo, todo tipo de tentacións...

leer más
Etiquetas:
16/08/2022

Viveiro comezou xa a celebrar as súas Festas Patronais, que están a ofrecer numerosas actividades culturais de todo tipo. 

Unha delas será a representación por parte de Teatro Andanzas da obra “Baile de los huesos” de Elena Belmonte, unha comedia con toques dramáticos na cal catro personaxes teñen unha serie de conversacións coa morte. 

A representación será o 19 de agosto as 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz, con entrada gratuíta. As persoas interesadas en acudir poden reservar a entrada de luns a venres no teléfono 982560162, en horario de 09.00 a 14.00h, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es

 

Etiquetas:
11/02/2022

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un curso gratuíto sobre o certificado dixital. A inscrición poderase facer ao longo de toda a vindeira semana, do 14 ao 18 de febreiro, nos teléfonos 982 120 732 e 982 129 889 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal.

O curso, totalmente práctico e dirixido a adultos, impartirase en varios grupos reducidos: Grupo1, os días 22 e 25 de febreiro; Grupo 2, os días 1 e 4 de marzo; e Grupo 3, os días 8 e 11 de marzo. O horario será de 12:00 a 13:00 horas.

A actividade explicará todo o proceso para obter o certificado dixital, como pedir a correspondente cita para acreditar a identidade de cada persoa, a súa posterior instalación, exportación, instalación do certificado nos móbiles, firma de ficheiros e o seu uso en diferentes webs....

leer más
Etiquetas:
17/06/2021

O Concello de Burela presentou hoxe novas actividades gratuítas das que poderán gozar a veciñanza e os visitantes durante o verán. Os martes de xullo e agosto, na praza do Concello, haberá cardio-fit ás oito e media da tarde. Ademais os días 17 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro terán lugar rutas de sendeirismo pola vila. 

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “desde a Delegación de Turismo seguimos completando as actividades que imos ter durante o verán. Como xa dixen en anteriores ocasións, entendemos que este verán vai ser turisticamente bo, que a xente quere saír, quere visitar A Mariña e nosoutros en Burela imos propoñerlles actividades para que poidan realizar aquí durante a época estival. Nos meses de xullo e agosto, os martes na praza do Concello ás oito e media da tarde teremos unha actividade de cardio-fit...

leer más
Etiquetas:
25/03/2021

Desde Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “neste mes de marzo puxéronse en marcha varias iniciativas dende o CCHV. Iniciamos o mes coa campaña de Fora Stocks, cun resultado de ventas extraordinario, continuamos co sorteo de 1.500€ en premios na campaña do Dia do Pai, cun éxito de participación moi elevado, e finalizamos cunha campaña posta en marcha fai uns días na que os envíos realizados nos meses de marzo, abril e maio, tanto á Mariña como a Ortegal serán gratuítos”.

E engaden: “pretendemos con esta iniciativa facilitar as compras de tódolos clientes, que por un motivo ou outro non se poden achegar a Viveiro a mercar, ou simplemente por comodidade. Por un lado está enfocado á venta a través das redes sociais ou as webs, se un cliente ve algo que quere mercar nalgunha das redes dos negocios asociados o envío sairalle gratuíto. Por outro lado, está enfocado a...

leer más
Etiquetas:
30/09/2020

O Concello de O Vicedo programa para esta semana varias actividades culturais que comezan este xoves, 1 de outubro, ás 16:30 horas na Casa da Cultura, coa actuación de Larraitz Urruzola que presenta A festa dos monicreques.

Conta a historia dona Barriga Verde, unha pícara pandereteira, que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo a súa integridade e amor propio fronte aos monstruos, ao amor, á morte e ata ao mismísimo demo.

O sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas tamén na Casa da Cultura, Expresión Produccións representa Que é o que preciso?. A obra, unha comedia de enredo, é para todos os públicos.

En ambos espectáculos a entrada é de balde e respectaranse as normas de prevención do Covid-19. As butacas están numeradas e serán asignadas a...

leer más
Etiquetas:
10/09/2020

Alfoz acolle o sábado, 12 de setembro, a obra teatral Relatos negros, de Manuel Maquiña e dirixida por Darío Autrán. 

A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura as 20.00 horas e a entrada será gratuíta cun aforo limitado a 50 persoas. As entradas poderán recollerse no Concello ata o 11 de setembro. En caso de quedar algunha localidade dispoñible o sábado, as entradas poderán recollerse antes da función na entrada da Casa da Cultura.

Dende o Concello recordan que é obrigatorio cumprir coas normas de hixiene e seguridade vixente e será necesario o uso da máscara durante todo o evento.

Organizan: Concello de Alfoz, Rede de Bibliotecas Públicas e a Consellería de Cultura e Turismo. 

 

Etiquetas:
19/04/2020

Os estudantes de Foz en situación de vulnerabilidade terán conexión gratuíta a internet ata final de curso. Acaba de anuncialo o alcalde focense, Fran Cajoto.

O rexedor municipal explica que “a empresa de telecomunicacións Adamo en colaboración co Concello de Foz ofrece conexión gratuíta a internet ata final de curso a todos aqueles estudantes en situación de vulnerabilidade que carezan dela. É unha gran iniciativa que permitirá a aqueles estudantes que carecían de dita conexión poder seguir o curso en igualdade de condicións. Fará menor esa brecha dixital que, como ben dixo a ministra Celaá, é una brecha social”.

Fran Cajoto engade que “en coordinación cos centros, o Concello xa levaba tempo recabando información sobre o número e cales son as necesidades a nivel educativo, xa que este curso vaise realizar on line...

leer más
Etiquetas:
14/06/2017

A Concellería de Cultura barreirense organiza, un ano máis, unha excursión gratuíta a Cedeira e San Andrés de Teixido. Será o día 27 de xuño. 

A inscrición, ata cubrir prazas, pode facerse nas oficinas xerais do Concello de luns a venres de 9 a 14 horas, segundo explican desde o departamento de Cultura.