Vidal
O Concello de Trabada anuncia a posta a disposición da veciñanza de Vidal dun novo espazo de uso público, resultado do traballo conxunto desenvolvido entre veciños da parroquia, o Concello de Trabada e o equipo de limpeza da Deputación de Lugo. A estrea deste espazo coincide ademais cunha fin de semana especial para Vidal, que este sábado, día 22 de agosto, celebra as súas festas de San Bartolomé.
O Concello de Trabada explica que esta actuación permite que Vidal “conte desde agora cunha zona acondicionada que poderá empregarse para diferentes necesidades da parroquia, especialmente como espazo de aparcadoiro durante a celebración de eventos, así como para outras actividades e iniciativas que se organicen no futuro”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca especialmente “a implicación da veciñanza para facer...
leer másO Concello de Trabada continúa coa súa aposta polo sendeirismo e a posta en valor do patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do programa Coñece Trabada. Neste marco anúnciase unha nova ruta a pé que terá lugar o domingo 9 de novembro, con saída desde Vidal e chegada a Trabada.
A actividade contará cun percorrido de 8,6 quilómetros e unha dificultade media, polo que “resulta axeitada para un amplo abano de participantes”. O prezo de inscrición é de 8 euros por persoa e inclúe o desprazamento en autobús desde a Praza do Concello de Trabada, con saída ás 11:00 horas, así como o xantar no pavillón municipal ao rematar a ruta.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 6 de novembro nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982.135.011.
Por motivos de...
leer más




