monólogos

10/06/2025

O Concello de Barreiros organiza o programa cultural titulado A Voltas cos Contos, que inclúe seis monólogos durante os meses de xuño, xullo e agosto. O primeiro será este domingo, 15 de xuño, ás 19 horas na Escola de Celeiro de Mariñaos a cargo de Cris de Caldas.

O Concello de Barreiros, a través da Concellería de Dinamización e Participación Veciñal, anuncia que “continúa a súa aposta por levar actividades culturais as parroquias do interior do municipio. Durante as vindeiras semanas, poderedes desfrutar dun completo programa composto por seis actuacións, principalmente monólogos que mesturan humor, narración e reflexión”.

“A través deste programa seguimos achegando a cultura á veciñanza e, de paso, poñendo en valor os espazos comúns dos que gozan as parroquias”, sinala o concelleiro de Dinamización,...

leer más
12/06/2024

O Concello de Barreiros, a través da súa concellaría de Dinamización, lanza o programa cultural "A Voltas cos Contos" durante o mes de xuño. Este ciclo de monólogos, composto por seis actuacións de coñecidas contadoras de historias, promete enriquecer a vida cultural do municipio cunha serie de eventos que combinan humor, narración e reflexión.

O calendario de actuacións é o seguinte: o 15 de xuño, "Ida e volta", de Cris de Caldas, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos; o 16 de xuño, "Coa palabra na boca", de María da Pontragha, na Escola de Vilamartín Pequeño; o 22 de xuño, "O medo é libre" de Ángeles Goás, no local social de Cabarcos; o 23 de xuño, "Tralalareira", de Vero Rilo, no teleclube de Vilamartín Grande; o 29 de xuño, "Ida e volta", de Cris de Caldas, no teleclube da Rilleira; e o 30 de xuño, "E ti de quen vés sendo?", de Ángeles Goás, no local social...

leer más