Uned
A coordinadora da UNED de Foz, Marta Muíña, e a concelleira da Aula, Elena Martínez, anuncian unhas Xornadas de Portas Abertas, “unha oportunidade única para que a comunidade coñeza de preto a oferta formativa e as instalacións do centro. O evento, que terá lugar do 23 ao 27 de setembro, de 9:00 a 11:00 e de 15:30 a 20:30 horas, está dirixido a estudantes potenciais, familias e calquera persoa interesada na educación a distancia”.
A concelleira Elena Martínez explica que “estas xornadas son unha excelente oportunidade para que os interesados descubran todo o que a UNED Foz ofrece. O obxectivo é dar a coñecer a oferta formativa e a súa metodoloxía semipresencial”.
A coordinadora da aula indica que “durante as Xornadas de Portas Abertas os asistentes poderán participar en sesións informativas sobre os diversos...
leer másA Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) vén de presentar a nova campaña de apertura de matrícula para o próximo curso académico.
“Baixo o lema A Universidade que Une, esta iniciativa destaca a importancia da relación interxeracional, a sustentabilidade ambiental e o valor do coñecemento na nosa comunidade. A UNED de Lugo e as súas aulas énchese de orgullo ao ser un punto de encontro para estudantes de todas as idades, desde mozos recentemente graduados de secundaria, adultos que buscan continuar a súa formación, séniors que queren ampliar os seus coñecementos ou nenos e nenas gozando dos seus primeiros obradoiros educativos. A campaña A Universidade que Une subliña como a interacción entre distintas xeracións enriquece o proceso de aprendizaxe, fomentando un intercambio...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa do centro para o mes de maio. Presentan varias actividades para as que está aberta a inscrición. Anuncian que se trata nesta ocasión “de diferentes charlas, dúas presentacións de libros e unha actividade especial que pon o broche final a este curso: un roteiro interpretativo”.
Elena Martínez e Marta Muiña especifican que “o xoves 9 de maio levarase a cabo unha charla informativa sobre Mentalización e sensibilización da saúde mental, a cargo da Asociación Saúde Mental A Mariña. Vai dirixida a todos os públicos e especialmente ás familias do alumnado do IES de Foz, institución colaboradora na organización da conferencia e que albergará a actividade no seu salón de actos...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da nova programación formativa para o mes de abril. Presentan cinco actividades: unha exposición e catro cursos, para os que está aberta a inscrición.
A exposición, titulada A trata de persoas, forma parte das actividades programadas con motivo do Día Internacional da Muller, que se organizou en colaboración coa Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Foz. Estará sita no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) do 5 ao 26 de abril e xira en torno á explotación da muller. A través da mesma poderase aprender máis sobre esta realidade que se nos presenta dende o Servizo de Atención a mulleres vítimas de violencia, trata e explotación sexual de Cáritas Diocesana de Lugo.
En canto aos...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, dan conta da programación formativa para o mes de marzo. Presentan unha nova actividade para a que xa está aberta a inscrición: trátase dun curso de extensión universitaria de informática básica e actualizada, dirixido a persoas adultas, denominado Cara a alfabetización dixital: curso integral de informática. O docente do IES de Foz Javier Ferro Dopico será o encargado de trasladar ao alumnado contidos como a xestión da información, o uso de internet, do correo electrónico, das redes sociais ou expoñer as principais recomendacións de seguridade, entre outros. As clases terán lugar do 5 ao 14 de marzo os martes, mércores e xoves, de 17 a 19 horas.
Esta actividade, como a meirande parte das que se ofrecen dende UNED, pode...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, veñen de presentar a nova programación formativa para vindeiro mes de febreiro. Deron conta de cinco novas actividades, para as que xa está aberta a inscrición.
Para comezar propoñen participar na presentación do libro ESL Sentence Builders, o xoves día 1 de febreiro ás 19 horas. A docente focense Leticia Veiga achégase á aula da UNED de Foz a dar conta do libro do que é coautora, ESL Sentence Builders. Trátase dunha obra didáctica baseada nunha novedosa metodoloxía para a ensinanza de idiomas. Unhas semanas despois, do 19 de febreiro ao 18 de marzo, esta autora impartirá un dos cursos de extensión universitaria, no que expoñerá o uso desta innovadora didáctica, denominado Implantación da metodoloxía EPI (Extensive...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, anunciaron hoxe, xoves, a nova programación formativa do centro para o vindeiro mes de xaneiro. Deron conta de catro novas actividades: dous cursos, para os que xa está aberta a inscrición, a presentación dunha novela e unha charla.
Por un lado presentaron dous cursos de extensión universitaria: un curso preparatorio de Celga 3 e 4, que se celebrará do 10 de xaneiro ao 20 de marzo de 16:00 a 18:30 horas, nas modalidades presencial ou online, en directo ou en diferido; e un curso para opositores que se denomina Nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, que terá lugar do 11 ao 18 de xaneiro de 16:00 a 20:00...
leer másA aula universitaria da UNED de Foz está a iniciar un ciclo de presentacións da oferta educativa e dos diferentes recursos e servizos da UNED e, en concreto, da aula de Foz. Este dará comezo en Burela o día 11 de xaneiro no auditorio municipal ás 12:00 horas, e continuarase en Foz, no salón de actos do Instituto de Educación Secundaria en día e hora por determinar.
A coordinadora da aula, Marta Muiña Rodríguez, sinala que “estas charlas están dirixidas ao alumnado dos centros de ensino medio e ao público en xeral que poida estar interesado, para que coñezan de primeira man a oferta educativa, as titulacións e os recursos que presenta esta aula universitaria. O contido das mesmas irá orientado á presentación da aula e dos servizos cos que conta, dende os distintos graos ata o curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos,...
leer másA concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a coordinadora da mesma, Marta Muiña Rodríguez, presentaron hoxe, venres, a nova programación formativa para este mes de decembro, que inclúe tres cursos.
Deron conta de tres novas actividades abertas a todo o público, apostando por estes cursos para poder ofrecer coñecementos sobre temas tan interesantes como os que se detallan a continuación e para os que está aberta a inscrición:
- Francés Básico. Nivel A2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) equivalente ao (DELF A2), os venres do 1 de decembro ao 22 de marzo de 17:00 a 19:30 horas. (Presencial e online).
- MULLER. Falamos claro, do 11 ao 19 de decembro (luns e martes) de 18:00 a 20:30 horas. (Presencial e online).
- Curso para opositores: nocións fundamentais sobre a Constitución Española de 1978 e a lei...
leer másDa man do CEIDA e da Uned Aula Universitaria de Foz, no Cenima está aberta ao público a exposición Coidando o noso mar. Pode visitarse ata o 30 de novembro de 9 a 14 horas.
A mostra trata sobre “a fraxilidade característica dos ecosistemas costeiros, acentuada pola presión das actividades humanas, está a provocar a súa destrución. A franxa costeira está en perigo pola falta de planificación e mala xestión nas actuacións realizadas sobre ela durante as últimas décadas. O desenvolvemento turístico mal planificado, a erosión costeira, a presión urbanística, a contaminación mariña, a sobrepesca, a destrución do hábitat, etcétera son algúns dos males que afectan á costa tanto en Galicia como a nivel mundial. Da mesma maneira hoxe seguimos pensando que o mar é unha fonte inesgotable de recursos e que o mar é inmune ás nosas actividades e agresións. Os...