Portas abertas
Ribadeo acollerá este sábado, día 26 de abril, unha xornada de portas abertas de Kung Fu. Será no pavillón da rúa Alfredo Deaño.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “a xornada de portas abertas de Kung Fu terá lugar de 10:30 a 13:00 horas e será impartida por Héctor Peña Díaz, que é 3º duan de Kung Fu – Taijiquan RFEK e DA e 3º duan de Kung Fu – Qi Gong RFEK e DA. E de 13 a 13:30 horas haberá unha exhibición de Tai Chi”.
O edil ribadense contou que “o temario que se abordará para quentamento será Chi Kung de acondicionamento xeral; para principiantes, movementos básicos; e para avanzados, forma de pau de cella de Tai Chi estilo Chen”.
Silvent anima “os amantes desta disciplina deportiva a achegarse o vindeiro sábado ao pavillón da rúa Alfredo Deaño”.
... leer másO Concello de Barreiros organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as actividades das súas escolas deportivas para a tempada 2024/25. Serán desde o luns 16 ata o xoves 19 de setembro.
“Convidámosvos a descubrir as actividades deportivas que temos preparadas para esta nova tempada! Se tes fillos/as con interese en deportes como atletismo, fútbol sala, patinaxe, karate ou skate achégaos para que poidan probar estas disciplinas, coñecer ao monitorado e resolver calquera dúbida ou información que precises. Unha oportunidade perfecta para que as máis pequenas/os se inicien no deporte dun xeito divertido e saudable. Logo, xa en abril, organizaremos unha xornada de portas abertas de surf na praia de Coto. E non esquezas, as inscricións estarán abertas ata o 24 de setembro”, anuncia o Concello de Barreiros.
A coordinadora da UNED de Foz, Marta Muíña, e a concelleira da Aula, Elena Martínez, anuncian unhas Xornadas de Portas Abertas, “unha oportunidade única para que a comunidade coñeza de preto a oferta formativa e as instalacións do centro. O evento, que terá lugar do 23 ao 27 de setembro, de 9:00 a 11:00 e de 15:30 a 20:30 horas, está dirixido a estudantes potenciais, familias e calquera persoa interesada na educación a distancia”.
A concelleira Elena Martínez explica que “estas xornadas son unha excelente oportunidade para que os interesados descubran todo o que a UNED Foz ofrece. O obxectivo é dar a coñecer a oferta formativa e a súa metodoloxía semipresencial”.
A coordinadora da aula indica que “durante as Xornadas de Portas Abertas os asistentes poderán participar en sesións informativas sobre os diversos...
leer másO Club Baloncesto Celtas, de Foz, organiza xornadas de portas abertas no pavillón de Marzán este xoves, día 5 de setembro, o martes 10 e o xoves 12 deste mes, de 17:00 a 18:00 horas.
Son para categoría benxamín, persoas nacidas nos anos 2015 e 2026, e para alevín, nacidos nos anos 2013 e 2014.
O Concello de Viveiro anuncia unha xornada de portas abertas que o Conservatorio Profesional de Música organiza para este xoves, día 27 de xuño.
A xornada está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, poderán probar os instrumentos e non é necesario anotarse, bastará con acercarse ao conservatorio en horario de 16:30 a 18:30 horas.
“Para o Concello de Viveiro, o ensino musical desde idades moi temperás é unha prioridade, polo que animamos a participar nesta xornada”, sostén a alcaldesa, María Loureiro.
Para máis información sobre a xornada pódese acudir á secretaría do centro ou chamar ao teléfono 982.56.04.86.
Por outra parte, o Conservatorio informa tamén de que se amplía o prazo para os alumnos que desexen matricularse en 1º de...
leer más