Automoción

Etiquetas:
11/10/2022

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia retoma a súa actividade formativa en Ribadeo este sábado, 15 de outubro. Será cun curso sobre a diagnose con osciloscopio.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explica que “é un curso que nós deseñamos o ano pasado, a petición de técnicos de empresas. Está dedicado á utilización do osciloscopio como elemento de diagnose nos vehículos; é eminentemente práctico, con 8 horas de duración. Empezará ás dez da mañá e acabará ás oito da tarde e hai 10 prazas”.

Doural subliña que “con isto empezamos as actividades, que continuarán a finais de mes, concretamente o día 29, cando teremos outro curso, neste caso sobre pneumáticos, que tamén é práctico, de 8 horas de duración e temos un número reducido de prazas”. 

Desde a Asociación de Profesores de...

leer más
Etiquetas:
10/03/2021

Apaga organiza este sábado, 13 de marzo, en Ribadeo un curso sobre sistemas avanzados de asistencia á condución. A inscrición está aberta e poden asistir técnicos de empresa, profesores e alumnado de FP, universitarios ou persoas interesadas nesta temática. Na xornada, en sesión de mañá e tarde, falarase da detección ou avisador de ángulo morto, do control de cruceiro adaptativo, da alerta sobre tráfico cruzado, do sistema LDW, do sistema de detección de peóns e do freo autónomo de emerxencia.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, contou que “seguindo co plan de formación que temos previsto para o 2021 este sábado, en sesión de mañá e tarde, imos realizar no noso centro de formación un curso de sistemas avanzados de asistencia á condución. Comprende desde a detección no visor de ángulo morto,...

leer más
12/01/2021

Comezan as novas actividades formativas de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia), que se van desenvolver proximamente. Esta fin de semana, os días 16 e 17 de xaneiro, haberá na Coruña un curso sobre sistemas de carga e arranque nos vehículos. A novidade deste 2021 é que a programación de Apaga estará aberta a todas as persoas interesadas nos temas que se aborden e non só a profesores de FP ou persoal de talleres ou empresas relacionadas co automóbil. 

O presidente da asociación, Álvaro Doural, dixo que “continuando coas actividades formativas que desenvolve Apaga empezamos o ano 2021 cun curso que se vai realizar na Coruña sobre os sistemas de carga e arranque nos vehículos. Será os días 16 e 17. Tamén estamos nestes momentos nun período de recollida de solicitudes para aquelas persoas que queren participar no curso on...

leer más
Etiquetas:
19/08/2020

Do 25 ao 28 de agosto terá lugar en Ribadeo, no Centro Pedro Murias, o IX Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). A presentación do modelo eléctrico Porsche Taycan en Rinlo é unha das novidades deste ano. Este Fórum, que contará cun total de 32 horas de actividades, está dirixido a profesores e profesionais do mundo do motor e estudantes de Formación Profesional ou universitarios, así como a afeccionados ao mundo automobilístico.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, comentou que “este ano é un pouco complexo polo tema do covid, pero está todo preparado: o programa, todas as series de actividades lúdicas que se van a facer a tarde do martes e a tarde de mércores: unha visita á Finca Galea, á fábrica de Sargadelos cunha comida alí, e despois o programa vaise...

leer más
Etiquetas:
02/06/2020
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza tres cursos de soldadura, que se impartirán os días 20 e 27 de xuño e 4 de xullo. Serán no Centro de Formación Pedro Murias, de Ribadeo. E prepara ademais un servizo de formación á carta para persoas desempregadas.
 
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anunciou que “se van facer tres cursos case a finais de xuño. Un de soldadura con electrodo, o día20; outro sobre soldadura MIG/MAG, o día 27; e un de soldadura TIG, o 4 de xullo. Son os tres cursos programados e neste momento hai dous cursos online en marcha, un de vehículos eléctricos e outro de son”.
 
Doural dixo que “estamos preparando o noveno Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se vai realizar a finais de agosto. Imos...
leer más
Etiquetas:
05/10/2017

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) comeza este sábado, 7 de outubro, en Ribadeo o proxecto denominado Fins de semana tecnolóxicos cos que trata de facer unha aposta decidida pola formación continua. Na xornada deste sábado abordarase a diagnose de determinados problemas dos vehículos coa utilización dun osciloscopio. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, subliña que será un curso totalmente práctico. Ofértanse 12 prazas e xa están practicamente cubertas, pero dende a organización informan de que as persoas interesadas en asistir poden dirixirse ao seguinte correo electrónico apagaribadeo@gmail.com

Álvaro Doural salienta que “estamos a facer unha aposta importante polo que é a formación continua do profesorado, dos técnicos de talleres e da xente que se dedica ao mundo do...

leer más
Etiquetas:
26/08/2016
Unha vintena de empresas e 32 poñentes participarán no V Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. O evento está organizado por Apaga.
 
Máis dunha vintena de empresas do sector da automoción participarán no V Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. No encontro organizado por APAGA participarán 32 poñentes, que falarán sobre os últimos avances aplicados á tecnoloxía do automóbil.
 
Na presentación deste Fórum, celebrada na tarde de onte nas instalacións do hotel O Cabazo en Ribadeo, o presidente de APAGA, Álvaro Doural, lembrou que “sumado este ano ás anteriores xornadas de automoción van ser 25 anos nos que Ribadeo acolle este tipo de actividade. Aínda que os inicios sempre son difíciles, sempre houbo un apoio moi claro por parte da empresa. Este ano van estar con nós Man, Bosch, PSA ou...
leer más
26/05/2015
O 30 de maio, sábado, dan comezo en Ribadeo os fins de semana tecnolóxicos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
 
Este sábado, 30 de maio, dan comezo en Ribadeo os fins de semana tecnolóxicos, que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Durante 8 horas técnicos, alumnos e profesores de automoción recibirán formación sobre a reprogramación de centralitas. Trátase dunha nova actividade formativa para realizar durante varios sábados ao ano. A seguinte será o 4 de xullo. A inscrición para o segundo fin de semana tecnolóxico está aberta. Estas actividades desenvolveranse no hotel O Cabazo, de Ribadeo. 
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “este proxecto nace polas peticións do sector empresarial da automoción e tamén do profesorado no ensino. É unha nova experiencia, un novo formato, no que os sábados durante 8 horas aproximadamente se pretende...
leer más