Negro

Etiquetas:
20/11/2019

Ribadeo celebrará o 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres cunha andaina que partirá ás 11 da mañá do aparcadoiro municipal, percorrerá varias rúas e lugares emblemáticos da vila e rematará no Cargadoiro, onde terá lugar a lectura dun manifesto e onde esta tarde se presentou a campaña Camiña Segura, Ribadeo En Negro. Ao acto asistiron a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, que estivo acompañado por representantes dos centros de ensino de Ribadeo e da Mesa Interinstitucional de Violencia de Xénero. 

Álvarez Lastra dixo que “iniciábamos no mes de xullo o proxecto municipal Ribadeo. Camiño  seguro!  coa finalidade de potenciar a vila como punto referente do Camiño do Norte na súa dirección a Santiago de Compostela, con especial fincapé en ofrecer un entorno seguro para as mulleres que viaxan soas....

leer más
Etiquetas:
20/11/2019

O Concello de Lourenzá súmase, por terceiro ano consecutivo, á campaña En negro contra as violencias con actividades que se desenvolverán este domingo, día 24, no pavillón polideportivo municipal a partir das 17:00 horas. Os actos foron presentados pola alcaldesa, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; a concelleira de Deportes, Sonia Gavino; e a adestradora da sección de patinaxe das Escolas Deportivas Lourenzá, Tania Irimia.

O Concello de Lourenzá fai un chamamento a todo o comercio e locais de hostalería para que colaboren coa campaña e vistan de negro os seus locais, descargando o material necesario na web https://ennegrocontraasviolencias.gal.

Os actos programados para este ano celebraranse este domingo, 24 de novembro, no pavillón...

leer más