Praia
Dúas serán as xornadas nas que estará pechada ás visitas a praia das Catedrais para unha rodaxe en xullo: os días 15 e 16. Así llo comunicou a Xunta ao Concello de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, asegurou este martes que “a Xunta enviará as comunicacións a todas as persoas que poden expedir pases para visitar As Catedrais: taxistas, hoteis, etc… para que saiban que se van liberar as autorizacións para poder acceder ao areal os días 14 e 17 de xullo”. Este mércores, 8 de xullo, será cando se proceda a abrir de novo esas datas.
O rexedor explicou que “Amazon Prime solicitou catro días de peche da praia das Catedrais, pero a Xunta desde o primeiro momento lle dixo que tiña qué aclarar qué dúas xornadas exactamente ían ser. Procedeu a bloquear catro datas ata ter a confirmación exacta por parte da empresa, pero só...
leer másRibadeo acollerá este domingo, día 22 de setembro, a actividade denominada “Na praia, música a esgalla”, con Mano Panforreteiro. É para todas as idades, pero os menores de 12 anos deben estar acompañados.
Será desde as 11:30 horas primeiro na praia do Cargadoiro e despois dentro do forte de San Damián. Trátase de recoller lixo inofensivo e materiais naturais para transformalos en obxectos sonoros e tocar, cantar e crear músicas.
O areal de Lago, no municipio de Xove, acollerá un curso de iniciación ao balonmán praia desde o mércores 16 ata o venres 18 de agosto de 16:00 a 20:00 horas.
Está actividade, que é totalmente gratuíta, está dirixida a nenos e nenas de 6 a 16 anos.
Está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Un ano máis o Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, súmase ao Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, participando na campaña de concienciación cidadá "1m2 contra a basuraleza".
Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espazos naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.
O vindeiro sábado, 12 de xuño, farase unha limpeza da praia e da contorna do Río Xunco ao mesmo tempo recolleranse datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade e seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao covid-19.
As persoas interesadas en...
leer másSANXAN Festival é un novo proxecto musical gratuíto na Praia de Esteiro en Xove para a noite do San Xoan, do 23 ao 24 de xuño, organizado por Esteiro Surf Café, coa colaboración do Concello de Xove e a Escola Galega de Surf, amén doutros colaboradores privados.
O Festival contará con artistas locais, nacionais e internacionais: DJ Set Apertura, Labrax, Basanta, Bart Davenport y Dj Lagartija.
En formato de Tarde/Noite, comezará ás 19:30 horas e rematará sobre a 01:00 da madrugada. Xunto coa música, haberá tamén as tradicionais fogatas e gastronomía para os que van co estómago baleiro.
A Praia de Esteiro, recoñecida xa polo deporte do surf e a calidade das súas ola, contando neste sentido cun campionato nacional, aumenta deste xeito a súa oferta cun evento musical que reforzará deste xeito a oferta...









