Vikinga
O evento contará co apoio da Deputación Provincial de Lugo.
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación dunha nova edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará os días 28 e 29 de xullo na praia de Area Grande, en San Román,co apoio da Deputación de Lugo.
Unha cita de recreación histórica que chega á súa sexta edición, e da que o Deputado destacou que é unha “festa emblemática no calendario estival da comarca da Mariña e de toda a provincia de Lugo, que inclúe numerosas actividades e que atrae a milleiros de persoas a este concello, polo que, entre outros beneficios, ten un impacto moi positivo para a economía local”.
A IV Romaxe Viquinga de O Vicedo celebrarase os días 26 e 27 de xullo, na praia de Area Grande, en San Román, que será o principal escenario.
O pregoeiro nesta edición será o actor galego Serxio Pazos, e unha das novidades do programa será o espectáculo Terras de Queimada, que terá lugar na noite do venres 26.
O apartado artístico da romaxe correrá a cargo de Enrique Domínguez e Andrea Pousa, Queiman e Pousa, que salientan que a parte do desembarco na praia será máis destacada este ano, despois de que o ano pasado fora moitísimo o público que seguiu o espectáculo desde a area. Tamén salientaron que haberá actividades durante todo o sábado 27, e agradeceron á participación dos veciños do pobo e dos Cabaleiros do Vicedo.
Previamente á celebración desta romaxe, alumnos e alumnas do CEIP DE O...
leer más