Sendeirismo
O Grupo Senderismo Xove organiza unha ruta pola Fraga Vella, de Mondoñedo a Abadín, para este domingo, día 15 de novembro.
A distancia é de 10 quilómetros, con dificultade baixa e duración estimada é de 3 horas..
A saída está programada para as 10:30 horas e para participar hai que inscribirse previamente. O prazo remata este mércores, 11 de novembro.
A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará unha ruta nos Bosques de Santa Eufemia, no municipio asturiano de Vilanova de Oscos, este domingo, día 8 de novembro. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 09:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade baixa, con 8 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 5 de novembro.
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo na comarca de Babia (León ), desde o venres 12 ata o domingo 14 de xuño.
A saída será o venres ás 17:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do luns 8 de xuño a través do teléfono 647.06.70.54 (Javier). O prezo é de 155 euros para os socios do colectivo organizador e de 165 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión e inclúese tamén o xantar do domingo. As prazas son limitadas (por orde de inscrición).
A décimo sétima edición da Concentración de Sendeirismo A Pontenova será o día 23 de maio, sábado. Está organizada pola asociación Carro Tarabelo e o Concello da Pontenova, que explican que o percorrido será de Sanxés a Bogo, con 9,4 quilómetros de distancia e dificultade media. Tamén indican que “é recomendable utilizar calzado cómodo e que teña un bo agarre, así como bastóns de trekking”.
Ás 09:00 horas será a concentración dos participantes na Praza dos Fornos e media hora despois sairán cara ó comezo da ruta. Para as 15:00 horas está previsto o remate da andaina e xantar na Praza dos Fornos a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e auga. E ás 16:00 horas farase un sorteo de varios agasallos entre os participantes: prendas de trekking, ceas para 2 persoas, estancias de 1 noite para 2 persoas, vale regalo para visitar a Mina...
leer másO Concello de Alfoz organiza unha ruta de sendeirismo e anuncia: “comezamos coa primeira ruta do programa Polos Camiños do Mariscal e non podería ser máis espectacular: Pena Abaladoira - Fervenza do Escouridal. Un percorrido único entre lendas, natureza e paisaxes que quitan o alento”. Será este domingo, día 15 de xuño, con saída ás 9:00 horas (con autobús desde Alfoz). É un percorrido de 8 quilómetros con dificultade media.
Esta actividade é gratuíta con prazas limitadas. As reservas deben facerse a través do teléfono 654.99.68.57 (Ana).
Volven as rutas guiadas á Mariña no mes de maio. A mañá do vindeiro domingo, día 18, Guía tu Día organiza a ruta da Seimeira no concello da Pontenova.
"Unha interesante andaina de 9 quilómetros circular e de dificultade media ubicada na parroquia de Bogo, onde descubriremos as pintorescas aldeas de Vilarxurbín e Sanxés, varios miradoiros e a seimeira. Ademais das Fragas de Teixido e Sanxés, que son espectaculares" comenta a guía.
A xornada rematará cunha comida no restaurante O Lar de Balbina. O prezo da ruta guiada é de 10€ e 20€ a comida. O grupo está limitado a 20 persoas.
Para máis información e reservas poden contactar no 654 99 68 57 ou a través do email guiatudia@gmail.com.
Este sábado, día 10 de maio, celébrase na Pontenova a XVI Concentración de Sendeirismo. Está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas e o percorrido será desde Coto de Frades ata a Praza dos Fornos, que son 15,5 quilómetros con dificultade media baixa e “é recomendable utilizar calzado cómodo e que teña un bo agarre, así como bastóns de trekking”.
O programa é o seguinte: ás 09:00 horas, concentración dos participantes na Praza dos Fornos: ás 09:30 horas, saída dos sendeiristas cara ó comezo da ruta; ás 15:00 horas, remate da andaina e xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, postre e bebidas; ás 16:00 horas sorteo entre os participantes de varios agasallos, que son prendas de trekking, ceas para 2 persoas, estancias de 1 noite para 2 persoas, vale regalo para visitar Mina Consuelo e lanzarte pola...
leer másOs Sendeiros de Foz continuarán así a realizar o Camiño dos Faros coa ruta prevista para o 9 de marzo. Segundo explican haberá unha ruta curta de 4 quilómetros e fácil de facer e 12 quilómetros de dificultade media. O xantar será en Corme.
A saída será ás 7 da mañá desde Foz e ás 7:15 horas desde Ferreira. O prezo para os socios federados é de 50 euros, para os non federados de 55 euros e para os socios temporais 60 euros. O xantar está incluído.
O último día para anotarse é o 4 de marzo. Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta ao Chao do Pousadoiro en Ribeira de Piquín. Será o sábado, 15 de febreiro, con saída ás 8:30 horas da estación de autobuses.
Será un percorrido de 9 quilómetros, de dificultade fácil. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado. O prezo para os socios é de 35 euros e para os non socios de 45 euros. Inclúe autobús, xantar e seguro.
As persoas interesadas en participar poden anotarse n grupo de whatsapp da asociación ou nos teléfonos: 666 60 98 75 e 676 02 31 77 antes do xoves, 13 de febreiro.
O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso organizan a primeira ruta de sendeirismo do ano 2025 dentro do seu programa de actividades. A cita terá lugar o día 2 de marzo, domingo, e percorrerá o traxecto entre Vilapercide e Vilaformán.
O Concello de Trabada anuncia que “a ruta, cunha distancia de 10 quilómetros e unha dificultade media, incluirá visitas puntos de interese patrimonial e cultural, como a Igrexa de Vilapena e a antiga escola de mestres. Ao remate do percorrido, os participantes poderán gozar dun xantar no Teleclube de Vilaformán, en compañía dos veciños e veciñas da parroquia”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa: “desde o Concello apoiamos as actividades elaboradas en conxunto coas diferentes asociacións, dado que cremos que debemos manter un...
leer más












