Terror

21/10/2023

A Concellería de Cultura do Valadouro presenta o luns 23 de outubro ás 18:00 horas na Casa da Cultura Manuel Lourenzo a actividade denominada ‘Terroríficas’. É un obradoiro de Andrea Barreira que combina a lectura e a escritura de relatos de terror. 

A través dunha perspectiva de xénero, crítica e creativa, quen participe viaxará a través de distintas autoras (Cris Pavón, Uxía Casal, Paula Carballeira, Mary Shelley, Shirley Jackson, Pilar Pedraza...) pola literatura do medo e o misterio, o que lles permitirá construír o seu propio relato terrorífico. Esta actuación está inserida no programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, promovido pola Xunta de Galicia. É unha actividade especialmente indicada para nenos/as a partir de 10 anos.

 

 

Etiquetas:
20/10/2022

O Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela organiza a “Noite do Terror” o próximo domingo día 30 de outubro a partir das 19:30 horas na Praza de Abastos. 

O obxectivo da actividade será resolver o cluedo, onde as e os participantes deberán destapar un misterio que será contado o mesmo día antes de comezar a actividade.

Aínda que esta iniciativa está dirixida á mocidade, poden animarse persoas de todas as idades. A participación é gratuíta e grupal, de xeito que o único requisito é que se conformen grupos de dous a dez persoas como máximo.

Desde a organización animan a disfrazarse para esta cita, aínda que será unha decisión de cada participante, totalmente opcional.

Segundo aseguran desde o Grupo de Participación, “haberá unha serie de personaxes...

leer más
Etiquetas:
27/10/2021

No concello do Valadouro celébrase o 30 de outubro, sábado, o Samaín, un costume de orixe celta, que representa a fin do verán.

Entre as actividades previstas para Samaín a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro organiza uns obradoiros, nos que se decorarán cabazas, haberá manualidades, etcétera. Comezarán ás 11:00horas e recoméndase inscrición previa.

Pola tarde, de 17 a 20 horas, con parte dos elementos elaborados pola mañá, organizarase a Festa do Terror, “con moitos xogos, photocall, contos de medo, música, baile e moitas ganas de pasar unha tarde terrorificamente divertida. É moi recomendable acudir disfrazado.
Todas estas actividades están ideadas para realizar nas instalacións da Casa da Cultura e aínda que son de tipo familiar as idades ideais están entre 3 e 12 anos”, explica a organización...

leer más