Noite
O Concello de Viveiro e o Centro Comercial Histórico de Viveiro celebrarán a noite de Samaín mañá, 31 de outubro, con múltiples actividades para todos os públicos.
A conmemoración desta data incluirá música polas rúas, destacando a actuación dun DJ na praza Maior, e reparto de caramelos nas tendas do Centro Comercial Histórico.
"Agardamos que a rapazada de Viveiro desfrute moito desta festa de Samaín e faga moito truco ou trato", sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
"Queremos agradecer ao Centro Comercial Histórico que colabore con nós nestas iniciativas, sempre é un pracer traballar en conxunto", engade a concelleira.
O Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela organiza a “Noite do Terror” o próximo domingo día 30 de outubro a partir das 19:30 horas na Praza de Abastos.
O obxectivo da actividade será resolver o cluedo, onde as e os participantes deberán destapar un misterio que será contado o mesmo día antes de comezar a actividade.
Aínda que esta iniciativa está dirixida á mocidade, poden animarse persoas de todas as idades. A participación é gratuíta e grupal, de xeito que o único requisito é que se conformen grupos de dous a dez persoas como máximo.
Desde a organización animan a disfrazarse para esta cita, aínda que será unha decisión de cada participante, totalmente opcional.
Segundo aseguran desde o Grupo de Participación, “haberá unha serie de personaxes...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá o 24 de abril ás 20:00 horas a actuación do humorista José Luis Calero que presenta Mi gran noche de humor.
Trátase dun espectáculo no que o humor e a risa fai esquecer todos os problemas e vivir, entre todos, unha gran noite de humor como diría Raphael. José Luis Calero é un dos humoristas máis seguidos nas redes sociais, con 1 millón de followers, e cuxas reproducións superaron os dez millóns.
As entradas xa están á venda en woutick.es.
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o 5 de maio ás 20:30 horas o espectáculo Noites de Estrelas.
Este show do humor está protagonizado por Sergio Pazos, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Isi e The Fabulosos Weekend.
As entradas poden adquirirse en www.ataquilla.com, na sede Afundación e o día da representación na billeteira do teatro.
Este espectáculo está organizado por A Viradeira Producións coa colaboración de Afundación, Ataquilla.com e o Concello de Viveiro.
Mañá, 3 de agosto, celébrase en Ribadeo a Noite Flúor, organizada por Acisa e enmarcada nas denominadas Noites Cálidas, que daban comezo o pasado 28 de xullo. De novo haberá música na rúa e actividades para os máis pequenos.
Son arredor de 40 os comercios participantes que abrirán as súas portas ata as dez da noite “para captar aos clientes que volven da praia ou a aqueles que saen de bares á tardiña. Haberá ofertas, descontos e promocións especiais e para ambientar estas Noites Cálidas contaremos con diferentes grupos de música, actividades infantís e coa tradicional noite flúor”, segundo explicaba hai uns días David Martínez, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
Mañá, xoves, dentro das Noites Cálidas celébrase a tradicional Noite Flúor: “a partir das oito da tarde...
leer más