Cedofeita

Etiquetas:
14/11/2025

A asociación ribadense As Vacas Fracas organiza un magosto en Cedofeita, no municipio de Ribadeo, para este sábado, día 15 de novembro.

“Este ano vimos cun feixe de propostas que nos quentan o corazón e nos poñen ben contentas e, por suposto, non faltarán as castañas”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.

As actividades comezarán ás 16:30 horas cun taller de percusión con instrumentos cotiáns da man de Miguel Barbazán. Os participantes experimentarán coa percusión tradicional en latas de pemento, tixolas, cunchas e culleres. Ás 17:00 haberá un obradoiro familiar con O Recuncho das Argalladas para aprender a construír un xoguete tradicional.

“Broche de ouro coa actuación de Saíñas, de Xove, dentro do programa Tradigalu, organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de...

leer más
Etiquetas:
17/09/2025

Regresan os Seráns de Teatro organizados polo Concello de Ribadeo. Este sábado, día 20 de setembro, ás 19:00 horas na Escola de Cedofeita o grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz) presenta a obra titulada Unha morta moi viva.

Para esta actividade o Concello de Ribadeo conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Cedofeita.

Etiquetas:
30/10/2024

O colectivo artístico ribadense As Vacas Fracas organiza foliada aberta e magosto o día 16 de novembro, sábado, no Pazo de Cedofeita, parroquia do concello de Ribadeo.

“O sábado 16 de novembro temos preparada unha xornada con obradoiros, actuacións, foliada aberta e castañas. Que non sabes bailar? Apúntate ao obradoiro de iniciación ao baile con Andrea Vilar. Que non tes instrumento? Apúntate ao obradoiro de creación de pandeiro con Xaneco Tubío. E pola noitiña actuación dos Pandeireteiros do Inferno e foliada aberta. Traede os vosos instrumentos e ide entrenando os vosos mellores puntos porque o sábado 16 en Cedofeita toca bailar, tocar, cantar e comer castañas. Haberá tamén bebidas e petiscos”, anuncia o colectivo As Vacas Fracas.

As prazas para os obradoiros son limitadas. As persoas interesadas en apuntarse e...

leer más
18/08/2024

A segunda edición da Cedofestiña celebrarase na parroquia ribadense de Cedofeita o día 31 de agosto, sábado, con entrada de balde.

Haberá visita guiada ao pazo e proxección de curtas a partir das 18 horas e concertos desde as 20 horas coas actuacións de Kornucopia, Miguel Alberte e Tapete (Dj set).

Este evento está organizado polo colectivo ribadense As Vacas Fracas, que anuncia: “estamos contentísimas porque xa está aquí a segunda edición da Cedofestiña. Reserva a última finde de agosto para despedir o verán porque vai estar chulísimo. Ademais de concertazos faremos unha visita guiada ao Pazo, que rematará coa proxección de curtas e posterior coloquio”.