O grupo teatral A Adala, de Fazouro, actuará este sábado, 20 de setembro, en Cedofeita (Ribadeo)

Regresan os Seráns de Teatro organizados polo Concello de Ribadeo. Este sábado, día 20 de setembro, ás 19:00 horas na Escola de Cedofeita o grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz) presenta a obra titulada Unha morta moi viva.

Para esta actividade o Concello de Ribadeo conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Cedofeita.