A Adala

Etiquetas:
02/01/2026

Este sábado, día 3 de xaneiro, ás 21:00 horas a Casa da Cultura de Trabada acollerá a representación teatral titulada Ai! Señor, señor,…, a cargo do grupo Adala. Esta actuación enmárcase dentro dos ciclos culturais que o Concello vén desenvolvendo de maneira regular, “apostando polo teatro e pola dinamización cultural no municipio”.

O Concello de Trabada tamén anuncia que “o domingo 4 de xaneiro Trabada vivirá un dos momentos máis agardados polas familias coa celebración da tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Cultural O Picato, coa colaboración do Concello. A partir das 16:00 horas os Reis Magos visitarán o CAM, onde se fará entrega de roscóns para os maiores. Ás 17:30 horas dará comezo a cabalgata, cun percorrido desde a Casa da Cultura ata o Pavillón Municipal de Deportes, acompañados polo grupo de...

leer más
Etiquetas:
18/12/2025

Este venres, día 19 de decembro, ás 21:00 h, a Casa da Cultura de Burela acolle a representación da obra Marina Club, unha proposta teatral para adultos da man do grupo A Adala. “Unha cita co teatro en Burela para compartir cultura”, anuncia o Concello.

Esta actividade é unha iniciativa do Concello de Burela en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo dentro do ciclo de teatro afeccionado.

 

Etiquetas:
06/11/2025

O grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Unha morta moi viva este sábado, día 8 de novembro, ás 19:30 horas no local social da Comunidade de Montes de Santa Cruz, na parroquia ribadense de Ove.

É unha actividade incluída nos Seráns de Teatro que organiza o Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
17/09/2025

Regresan os Seráns de Teatro organizados polo Concello de Ribadeo. Este sábado, día 20 de setembro, ás 19:00 horas na Escola de Cedofeita o grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz) presenta a obra titulada Unha morta moi viva.

Para esta actividade o Concello de Ribadeo conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Cedofeita.

Etiquetas:
02/04/2025

O grupo teatral A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Unha morta moi viva este sábado, día 5 de abril, as 21:00 horas na Casa da Cultura de Trabada. A entrada é de balde.

O Concello de Trabada anuncia que é “unha comedia chea de sorpresas que non podes perder. Vén gozar do mellor teatro afeccionado!”.

Etiquetas:
20/02/2025

O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) este sábado, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas.

Esta representación está incluída na programación Seráns de teatro, organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal da Devesa.

 

Etiquetas:
19/11/2024

O grupo teatral A Adala, de Fazouro, representará a obra titulada Marina Club en Alfoz este sábado, día 23 de novembro. Será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

O Concello de Alfoz explica que “esta semana estaba programada a actuación do Grupo de Teatro Ardora, de Cervo, coa súa obra "Aire fresco", pero por problemas do persoal do grupo a actuación tivo que ser aprazada a outro momento. No seu lugar teremos o pracer de ter ós máis veteranos do grupo A Adala, de Fazouro, coa súa nova obra "Marina Club". Unha comedia para todos os públicos que xira entorno a un club de alterne no que a amizade entre clientela e persoal salvan a unha rapaza cunha mentira piadosa. Na trama mestúranse enganos que ocultan unha crúa realidade, amizades que salvan, mulleres que descobren a Marx, unha monxa e un negocio que dá un xiro inesperado. Aínda que a obra...

leer más
03/09/2024

O grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra Marina Club na parroquia de As Negradas, no concello do Vicedo, este sábado, día 7 de setembro.

Será ás 19:30 horas no local social da Asociación de Veciños O San Miguel, colectivo que organiza esta actividade, coa colaboración da Área de Cultura, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.