Reis Magos
O Concello de Foz está pendente das previsións meteorolóxicas para que as súas maxestades os Reis Magos de Oriente poidan chegar a Foz e repartir os agasallos de forma segura. Se o tempo o permite, a cabalgata sairá da Praia da Rapadoira este domingo, 5 de xaneiro, ás 18.30 horas para percorrer as súas Trapero Pardo, rúa do Mar, Paseo da Ribeira, Praza Conde de Fontao, rúa Valle Inclán, avenida da Mariña e avenida Álvaro Cunqueiro, onde sairán a saudar dende o balcón do Concello e pasarán polo belén vivinte que está na Praza do Concello. Para posteriormente trasladarse á Sala Bahía, onde recibirán a todos aqueles que queiran saudalos e facerlles ás últimas peticións. Ademais da recepción haberá chocolate e roscón, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen tamén indica que “no caso de empeoramento meteorolóxico a comitiva acudirá directamente á Sala...
leer másA Cabalgata de Reis en Lourenzá, organizada polo Concello, celebrarase este domingo, día 5 de xaneiro, desde as 17:00 horas, cando sairá do recinto feiral de Vilanova para recorrer as parroquias do concello.
Ás 19:00 horas os Reis Magos recibirán aos nen@s nos baixos da Casa do Concello.
O Concello mindoniense anuncia: “achéganse os Reis Magos a Mondoñedo, o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. Xa podedes consultar os horarios de paso das súas Maxestades polas parroquias”. Comezarán o percorrido ás 09:30 horas en Pelourín e Cesuras para continuar por Estelo e Tronceda, Figueiras, ponte de Viloalle, Couboeira, Oirán, Masma, Vilamor, O Carme, Lindín, Santa María Maior, Argomoso, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen as 14:45 horas.
O Concello de Mondoñedo engade que “á tarde visitarán a Residencia San Rafael e o Hospital de San Pablo. Ás 19 horas os Reis Magos recibirán con agasallos a todas as nenas e nenos no auditorio municipal. E, para rematar, a AC Pasatempo ofrece unha chocolatada na entrada do auditorio”.
O Concello de Barreiros anuncia: “as Súas Maxestades de Oriente acaban de comunicarnos a súa visita a Barreiros. Virán o domingo 5. E xa comezarán a visitarnos pola mañá para que lles dea tempo a chegar a todos os recunchos. Lembrade que as horas son aproximadas, que os Magos andan atarefados ese día”.
O percorrido empezará no local social de Vilamar ás 10:15 horas, para continuar polo local social de Cabarcos, a Escola de Gondán, o Teleclub da Rilleira, o local social de San Xusto, o Teleclub de Vilamartín Grande, a Escola de Vilamartín Pequeno e a Escola de Reinante, a onde está previsto que cheguen ás 13:30 horas. E pola tarde percorrerán San Cosme desde a Praza do Concello as 17:30 horas ata o Centro Social, a onde se prevé que cheguen ás 19:00 horas e alí haberá recepción e reparto de agasallos.
“Se aínda non...
leer másA Cabalgata dos Reis Magos no Valadouro celebrarase este domingo, día 5 de xaneiro, desde as 19:00 horas, cando será a recepción oficial na Casa do Concello. Despois empezará o percorrido, que pasará pola praza e a ponte ata o belén da Casa da Cultura. Alí actuarán os nenos e nenas da AC Amado Lar e a continuación todos os nen@s poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas no buzón real.
Ao rematar haberá degustación de chocolate con roscóns.
O municipio de Cervo terá dúas cabalgatas de Reis este domingo, día 5 de xaneiro: unha en San Ciprián desde as 18:00 horas e outra na capitalidade do concello a partir das 19:30 horas.
O Concello de Cervo anuncia que a cabalgata de San Ciprián sairá ás 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga e a recepción Real será no Auditorio da Casa da Cultura. Haberá chocolate con biscoito caseiro na Praza dos Campos, da man da asociación cultural Comisión de Festas de Lieiro. Coa colaboración de Mulleres de San Ciprián e da ANPA do CEIP Península da Paz. E a de Cervo empezará ás 19:30 horas na Casa do Concello e irá ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real, belén vivente, e a actuación de Milicrocas, que é o grupo infantil de cantareiras de Airiños do Xunco, asociación cultural que organiza esta cabalgata.
O Concello da Pontenova anuncia que a cabalgata do Reis Magos será este domingo, día 5 de xaneiro, e comezará ás 17:30 horas, cando será a saída desde a Praza dos Fornos.
As súas maxestades de Oriente farán un percorrido pola localidade que rematará no salón de actos da Casa da Cultura, a onde está previsto que cheguen ás 19:00 horas.
A Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz será este domingo, día 5 de xaneiro, e empezará ás 16:00 horas na Casa da Cultura.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a tarde do 5 de xaneiro teremos unha visita moi especial, os Reis Magos de Oriente pasarán polo concello de Alfoz. A cabalgata pasará polas diferentes parroquias. Os reis, xunto cos seus paxes, escoitarán e recollerán as cartas dos máis pequenos e pequenas. O percorrido rematará no Castelo de Castrodouro, onde os nenos e nenas poderán tamén depositar a súa carta, conversar coas súas maxestades e desfrutar dun chocolate quente con biscoito”.
Os Reis Magos visitarán Trabada e percorrerán a localidade este sábado, día 4 de xaneiro, desde as 18:00 horas.
Esta cabalgata está organizada pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “a pesar de que están con moito traballiño, Melchor, Gaspar e Baltasar non queren deixar de visitar o noso pobo para ver as cariñas de emoción de pequenos e grandes e saber qué pedirán para o gran día. Sairán da explanada do centro de saúde ata o Pavillón Municipal, acompañados de música tradicional. Farán unha paradiña para visitar aos maiores da residencia e dende alí seguirán o seu percorrido ata o Pavillón, onde entregarán a cada pequen@ o seu agasallo. Por último disfrutaremos dunha chocolatada con roscón”.
O Concello de Burela recibe mañá venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.
A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.
“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o...
leer más