A cabalgata de Reis de Lourenzá será o 5 de xaneiro desde as 17:00 horas

A cabalgata de Reis de Lourenzá será o día 5 de xaneiro, luns, desde as 17:00 horas.

 “Os nen@s e non tan nen@s de Lourenzá estamos agardando por unha visita moi esperada. Xa están aquí as súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Acaban de confirmar que estarán no noso concello o próximo luns 5 de xaneiro. Ás 17:00 horas a carroza das súas Maxestades sairá do recinto feiral para percorrer as parroquias. E ás 19:00 horas volverán ó Multiusos de Ponte de Cuñas para recibir a tod@s os nen@s e anotar as súas peticións”, anuncia o Concello de Lourenzá.