Cabalgata
A Cabalgata de Reis da Pontenova será o día 5 de xaneiro, luns, e sairá desde a praza dos Fornos ás 17:30 horas. Despois de facer un percorrido pola localidade está previsto que chegue ás 19:00 horas ao salón de actos da Casa da Cultura.
Está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) coa colaboración do Concello da Pontenova.
No Valadouro o día 5 de xaneiro, luns, os Reis Magos serán recibidos na Casa do Concello ás 19:00 horas e despois farán unha cabalgata, que rematará na Casa da Cultura.
O Concello do Valadouro anuncia que o luns 5 de xaneiro ás 19:00 horas haberá unha “recepción oficial das súas Maxestades de Oriente na Casa do Concello coa entrega da chave máxica por parte do Sr. Alcalde. De seguido, saída da Comitiva Real polas rúas de Ferreira ata a recepción veciñal da Casa da Cultura pasando pola praza e a ponte. Nenos e nenas das asociacións Ao Compás do Río Ouro e Amado Lar interpretarán unha serie de panxoliñas. Ó rematar haberá chocolate con roscón de Reis”.
A Cabalgata dos Reis Magos en Trabada, será este domingo, día 4 de xaneiro.
Está organizada pola asociación cultural O Picato, que anuncia: “a pesar de que están con moito traballiño, Melchor, Gaspar e Baltasar non queren deixar de visitarnos e pasar un anaquiño con nós, o domingo 4 de xaneiro. Ás 17:30 horas sairán da Casa da Cultura acompañados da banda de gaitas Brisas del Eo, ata o Pavillón Municipal de Deportes, onde entregarán a cada nen@ un pequeno agasallo. Por último disfrutaremos dunha chocolatada con roscón a ritmo de música tradicional”.
A Cabalgata dos Reis Magos en Alfoz será o día 5 de xaneiro, luns. Sairá ás 16:00 horas desde a Casa da Cultura e está previsto que chegue ás 18:00 horas ao Castelo de Castrodouro, onde haberá onde haberá merenda con chocolate quente e biscoito.
Está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que anuncia: “a maxia está a piques de chegar a Alfoz! O 5 de xaneiro de 2026 os Reis Magos percorrerán as parroquias de Alfoz na súa tradicional Cabalgata. Non esquezades traer a vosa carta!”.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo anuncia, que tras pechar o período de recadación de colaboracións para a Cabalgata de Reis, a achega total que se realizará por parte da entidade é de máis de 5.400 euros. Esta cifra irá destinada a sufragar os gastos derivados da organización dunha nova cabalgata, que chegará este ano con numerosas novidades e cambios co obxectivo de mellorar e renovar un evento tan especial coma este. A Cabalgata de Reis, que se celebrará o 5 de xaneiro, está organizada polo Concello de Ribadeo e conta coa colaboración de Acisa.
A presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, dixo: “desde a asociación queremos expresar un agradecemento moi sincero a todas estas empresas pola súa xenerosidade e compromiso, demostrando unha vez máis que o comercio, a hostalaría e os servizos...
leer másA Cabalgata dos Reis Magos en Mondoñedo, que se celebrará o luns 5 de xaneiro, comezará na refuxio de Argomoso ás 09:30 horas. O percorrido continuará por Lindín, Santa María Maior, O Carme, Vilamor, Masma, Oirán, Couboeira, Viloalle, Figueiras, Estelos, Cesuras Pelourín, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen ás 15:00 horas.
E desde as 17:00 horas farán un itinerario pola cidade que comezarán ás 17:00 horas na Residencia San Rafael e continuará polo Hospital San Pablo, percorrerán o centro histórico e rematarán cunha recepción no auditorio municipal Pascual Veiga ás 19:00 horas. Despois haberá chocolatada, ofrecida pola Asociación Cultural O Pasatempo.
O Concello de Viveiro prepara a Cabalgata de Reis do vindeiro 5 de xaneiro cun formato “máis aberto e participativo. Ademais das tradicionais carrozas dos Reis Magos, facilitarase a incorporación da veciñanza tanto como figurantes nas carrozas como no desfile a pé ao longo do percorrido. No caso da participación nas carrozas, o Concello habilita 24 prazas para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos que poderán acompañar aos Reis Magos durante o desfile. As prazas asignaranse por orde de inscrición, co obxectivo de garantir un procedemento organizado e seguro”.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto os días 26, 29 e 30 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As inscricións poderán realizarse no Teatro Pastor Díaz ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.es mediante o formulario...
leer másO Concello de Xove, a través do Departamento de Cultura, fai un chamamento á veciñanza para colaborar no tradicional Desfile dos Reis Magos, que percorrerá as rúas do municipio o día 5 de xaneiro a partir das sete da tarde “co obxectivo principal de manter viva a maxia do Nadal no día máis especial tanto para os máis pequenos como para os maiores. Desde o departamento solicitamos a participación de persoas voluntarias que dispoñan de vestimenta ou atavíos propios destas datas, tales como pastores ou pastoras, paxes reais, elfos, personaxes de Disney ou outros personaxes infantís, para participar nas carrozas preparadas para acompañar aos Reis Magos no seu desfile polas rúas de Xove”.
As persoas interesadas en participar poden anotarse cubrindo un impreso de voluntariado na Oficina de Información Xuvenil, sendo por motivos organizativos a...
leer másO Concello de Viveiro modificará este ano o percorrido da Cabalgata de Reis, que se celebrará o luns 5 de xaneiro, “co obxectivo de mellorar o seu desenvolvemento, facilitar o desfrute das familias e reforzar as condicións de seguridade, especialmente no que atinxe á participación dos nenos e nenas”.
“En anos anteriores, a cabalgata realizaba un percorrido moi amplo, con saída desde Celeiro, paso por Covas e chegada á Praza Maior. Este trazado prolongábase durante varias horas, o que provocaba que a recepción final dos Reis Magos se retrasase de xeito notable e que moitos nenos e nenas tivesen que agardar en condicións pouco axeitadas, especialmente en días de frío ou mal tempo, frecuentes nesta época do ano. Ademais tratábase dun itinerario moi extenso e disperso, con tramos nos que apenas se concentraba público. Isto dificultaba tanto a...
leer másO Concello de Ribadeo e Acisa animan a participar e a colaborar coa Cabalgata de Reis 2026.
A concelleira ribadense de Comercio e Turismo, Marta Saiz, sinalou que “este ano o Concello é o encargado de organizar a Cabalgata de Reis e desde Oriente chegaron algunhas peticións das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Como todos sabemos, na tarde noite de cada 5 de xaneiro no seu paseo polas rúas de Ribadeo son acompañados por persoas, que voluntariamente axudan coas antorchas ou con outras tarefas propias dos paxes. E nesta ocasión o que nos piden son persoas adultas para converterse en paxes por unhas horas. Así que desde o Concello facemos un chamamento e animamos a veciños e veciñas a implicarse nunha das celebracións máis especiais do ano, como é a Cabalgata de Reis”.
A edil ribadense agradece “a...
leer más












