Envellecemento
As actividades do programa denominado Activamente que organiza o Concello de Barreiros comezarán o día 17 de outubro, xoves.
O Concello de Barreiros anuncia: “sabemos que o estabades agardando desde que rematou a edición pasada para seguir poñendo en forma os vosos cerebros, así que non imos facervos esperar máis! O programa de envellecemento activo para maiores de 65 anos (xubiladas de máis de 60 anos ou persoas con discapacidade) que organiza o Concello de Barreiros xa está en marcha. Podedes inscribirvos nas oficinas municipais, cubrindo o formulario que vos entregarán alí mesmo. Nel teredes que cubrir os vosos datos e a preferencia de grupo”.
Tamén explica que “ante o éxito de edicións anteriores, este ano créase un novo grupo en San Cosme en horario de mañá, manténdose os de edicións anteriores. Teñen preferencia na asignación de prazas as persoas empadroadas ou...
leer másAs Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais únense para ofrecer escolas deportivas de envellecemento activo para xoves de máis de 60 anos empadroados en Burela.
Segundo explican Carmela López e Ramiro Fernández “estas actividades están dirixidas a persoas activas e será o técnico de deportes do Concello de Burela, Iván Cao Lucas, o que imparta as clases, que serán lúdicas baseadas en xogos, estiramentos, forza xeneral con pesas, circuítos técnicos, actividades de coordinación...”.
A inscrición poderá realizarse na Casa do Concello do 7 ao 9 de marzo. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. As persoas interesadas en participar poden descargar a ficha de inscrición na web www.burela.org ou ben recollela...
leer más