IES de Foz
O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acolle unhas xornadas micolóxicas este mércores, día 5 de novembro.
Ás 09:00 horas haberá unha charla sobre o mundo micolóxico a cargo de Nicolás Santos Aparicio, licenciado en Ciencias Xeolóxicas. E ás 14:30 horas terá lugar unha degustación de cogomelos.
O IES de Foz destaca que “estas xornadas son un referente no centro e participa toda a comunidade educativa, tanto nas charlas, saídas ao monte, exposicións, ...”.
O mércores 19 de marzo ás 18:30 horas o Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acollerá unha charla informativa sobre orientación académica dirixida exclusivamente a familias. O encontro terá lugar no salón de actos do centro e contará cunha duración aproximada de dúas horas. Estará a cargo de Cristina Eiras López, orientadora de Secundaria e especialista en Trastorno do Espectro Autista (TEA) dentro do Equipo de Orientación Específico. Durante a sesión abordaranse aspectos clave sobre a toma de decisións académicas e profesionais, proporcionando ferramentas e estratexias para acompañar aos mozos e mozas na elección do seu futuro educativo.
Esta charla forma parte do programa ENAPAS (Escola de Nais e Pais), organizado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Burela, co obxectivo de ofrecer ás familias información clara e útil...
leer másO IES de Foz celebrará os campionatos de baristas e de cata de cafés desde o día 19 ata o 21 de febreiro.
O mércores 19 de febreiro ás 16:00 horas disputaranse o XVII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o XII Campionato Internacional de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería. Ás 20:15 horas será a entrega de trofeos e diplomas do campionato de Cata de Escolas e ás 20:40 horas haberá un cóctel de benvida.
O xoves 20 ás 09:00 horas continuará o Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería. Ás 12:45 horas desenvolverase a actividade Formación Carajillo 43, a cargo de D. Alfredo García-Moreno, Brand Ambassador Licor 43. Ás 13:15 horas entregarase o premio Espíritu Barista e ás 13:30 horas daranse os trofeos e diplomas do Campionato de Baristas de Escolas...
leer más





